lunes, 30 de marzo de 2015

OBRADOIRO ENTRECULTURAS







        Algunha vez parástesvos a pensar cal é o significado de “Monferosolidario”? O grupo de alumnos e alumnas do CPI Virxe da Cela que conforman o núcleo máis activo da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas foron quen de facer unha completa radiografía do proxecto Monferosolidario partindo das letras que conforman esta palabra: un auténtico labirinto e encrucillada que abarca conceptos tan significativos como Ilusión, Amizade, Estabilidade, Identidade, Oportunidade, Respecto, Emoción, Organización, Innovación, Riqueza, Igualdade, Liberdade, Optimismo, Educación, Felicidade… 

       Si todos estes conceptos serven para o alumnado como materia prima para o noso proxecto de educación en valores… que enorme sensación de satisfacción podemos sentir os/as docentes e outras persoas que participamos del, entendendo que os froitos son ben visibles! Son xa moitos os anos que camiñamos cara ao cambio … e estamos convencidos de que é posible! 

    Temos que agradecer novamente a Entreculturas polo seu compromiso no noso centro, facilitándonos esta reunión-obradoiro da que todos sacamos conclusións positivas. Nesta ocasión a Sandra Rodríguez (técnico de Entreculturas) contou coa axuda de Luz Mery (ex-alumna do noso centro e voluntaria nesta ONG) para levar a cabo esta dinámica reflexiva. Esta actividade estivo englobada na xornada especial de celebración do “VII Rastro Solidario e Operación Quilo 2015”, que tivo lugar o pasado venres 27 de marzo no CPI Virxe da Cela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario