domingo, 21 de mayo de 2017

ENCONTRO FIN DE CURSO DA REDE SOLIDARIA DE XÓVENES DE ENTRECULTURAS

Este sábado 20 de maio case que un centenar de persoas, entre alumnos/as, profesores/as, voluntarios/as e técnicos/as de Entreculturas reunímonos en Santiago no colexio San Francisco Javier nunha xornada lúdico-festiva na que houbo actividades moi divertidas e variadas: presentacións, bailes, xogos...amenizados polos infatigables Abel e compañía. Gozamos tamén da actuación do xoven mago David Maestro que nos deixou abraiados a todos cos seus números de maxia e visionamos os vídeos feitos polos rapaces e rapazas da rede sobre a reciclaxe de botellas de plástico que, como auténticos youtubers medioambientais, nos mostraron como podemos reciclar e coidar o medioambiente. Rematamos a xornada despedindo cun agasallo a todos os alumnos/as que rematan os estudos de 4º da ESO e bacharelato que viviron o seu último encontro... aínda que estades convidados a seguir formando parte da Rede, agora como voluntarios/as.

Aquí tedes un pequeno vídeo da xornada.

 


VÍDEOS YOUTUBERS AMBIENTAIS. RECICLANDO NO CPI VIRXE DA CELA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario