martes, 2 de abril de 2013

CRUZ VERMELLA DE BETANZOS: SOLIDARIOS NA NOSA CONTORNA






Para completar a xornada do V Rastro Solidario, contamos coa visita de Chelo e Almudena, técnicas da Cruz Vermella de Betanzos, que quixeron animar á participación do noso alumnado e agradecer o seu esforzo nunha causa solidaria. En dous charlas, dirixidas a primeira a alumnado da ESO e a continuación ao alumnado de 4º, 5º, e 6º, de primaria, trataron de sintetizar as diferentes iniciativas que se están levando a cabo na Cruz Vermella de Betanzos, moitas delas para paliar as necesidades de moitas familias que se están a ver nunha situación de emerxencia económica coa presente crise na que estamos inmersos. Presentaron o chamamento "Agora + que nunca", unha iniciativa de crowfunding que se está levando a cabo a través dunha plataforma dixital. O termo inglés crowfunding indica unha forma de acadar fondos para un reto ou proxecto a través de pequenas aportacións de moita xente. Podedes visitar a plataforma "Agora + que nunca" e informarvos dos proxectos que se están a lanzar na actualidade premendo o seguinte enlace:



1 comentario:

  1. Martín Cortizas Suárez8 de abril de 2013, 16:28

    Martín: Paréceme moi ben que se doen os cartos a cruz vermella xa que é unha institución moi importante e que trata diversidade de temas para as tantas persoas que agora máis que nunca polo tema da crise económica estanse a ver nunha situación que nunca pensarían que chegarían e anteriormente a vían tan lonxe. Por iso desta vez o tradicional rastro celebrado no CPI Virxe da Cela foi destinado a un sitio máis preto da nosa contorna, a cruz vermella.

    ResponderEliminar