lunes, 8 de abril de 2013

VISITA DE SASI CUTTY, DA FVF





Chámase Sasi Cutty, ten 38 anos, fala español e ten unha licenciatura en Historia da Arte. A lectura destes datos varía se coñecemos un pouco máis sobre el: naceu nunha aldea moi pobre no sur da India, pertence á casta dos "dalits" ou "intocables" e esta é a primeira vez que visita España. A súa e unha historia de superación persoal. A súa nai tivo a sorte de ser contratada como cociñeira na casa de Vicente e Ana Ferrer, na zona de Anantapur onde esta parella fai varias décadas decidiu levar a cabo un proxecto integral no eido da educación, a sanidade, o desenvolvemento, que cambiou a vida de moitas persoas. Sasi asistiu á escola primaria, posteriormente a estudios secundarios, e Vicente Ferrer axudou a este rapaz a financiar os seus estudios universitarios. O resultado é ser o primeiro "dalit" da zona en acadar unha titulación universitaria.
Sasi é consciente do xiro que deu a súa vida, e quixo devolver o favor a esta institución. Agora, como portavoz da Fundación Vicente Ferrer, visita centros educativos contando a súa vida e explicando o traballo desta organización. É increíble o perfecto castelán que este rapaz da India fala, a que aprendeu dos voluntarios que traballan na FVF en Anantapur. O martes 9 de abril visitou o noso centro, acompañado pola fotógrafa coruñesa Yolanda Ferrer, representante da FVF na Coruña. Impartiu unha charla en horario de mañá para o alumnado de ESO e PCPI, e outra charla en horario de tarde para o alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º de primaria. Participou connosco en algo tan familiar como o noso propio xantar no comedor escolar, poidendo coñecer algo máis sobre a súa vida e a súa cultura nun ambiente máis distendido. As súas charlas quedaron curtas, xa que houbo cantidade de mans alzadas para preguntar moitas dúbidas e curiosidades, así que convidamos a Sasi a visitarnos de novo o próximo ano.
Sasi foi tamén o encargado de traernos o dossier da Konampalli School, coa que estamos realizado o proxecto School to School dende fai catro anos. Próximamente o noso cole elaborará un dossier con imaxes e informacións variadas sobre a nosa cultura para enviarlle aos nenos e nenas desta escola da India.

6 comentarios:

  1. A min pareceume unha charla moi entretida porque nos dixo como era a sua vida,támen dixo que a vida na india era moi dura,antes de chegar VicenteFerrer.Pero logo despois de chegar a india Vicente,que lles mellorara moito a vida porque a xente podia estudiar e tiñan outra calidade de vida,cos hospitais,escolas etc.

    ResponderEliminar
  2. Onte día nove de abril tuvemos unha visita no noso colexio, veu Sisi, un neno, que home que estubo padriñado na asociación de Vicente Ferrer na India.
    Contounos un pouco da súa vida e de como vivira de pequeno.Veu acompañado de Ana Ferrer, unha fotógrafa.
    Cintia Grueiro

    ResponderEliminar
  3. O pasado día 9 de abril veu Sasi Cutty , un apadriñado de Vicente Ferrer darnos unha charla.
    Falounos da vida na India e púxonos un vídeo para que entendésemos mellor como se vive na india. Tamén lle fixemos preguntas sobre cousas da India, para comprender a súa vida.
    Persoalmente a nós pareceunos interesante o que nos contou. Porque aprendemos cousas de novas culturas e entendemos mellor a mala situación na que se encontran algunhas persoas indias.
    Comentounos que xa se trata moito mellor as mulleres indias. A nós parécenos ben que se trate as mulleres con igualdade, porque deben ter dereito coma os homes porque todos somos iguais.

    ResponderEliminar
  4. Comentario Sasi Cutty
    Onte, 9 de abril, veu ao noso centro Sasi Cutty, un dos primeiros nenos apadriñados por Vicente Ferrer. Contounos como foi a súa infancia e as súas vivencias dentro do seu país, na India onde ten aínda hoxe a súa residencia. Falounos tamén sobre como vivían as mulleres e como era o seu dia a dia e a pouca liberdade de expresión que aínda teñen hoxe aínda que é moita menos da que había antes. Amosounos un vídeo sobre unha chica, Latha, que a súa familia pertencía e pertence aos intocables. É a primeira muller do seu pobo en facer unha carreira (enxeñería informática) e atopar traballo na cidade sen estar casada e sen fillos aos, máis ou menos, 17 ou 18 anos. Ten 2 irmás, unha casada e con un fillo e outra comprometida, e un irmán pequeno que aínda non ten idade para traballar. Ela co seu primeiro soldo quere axudarlles aos nenos do seu pobo mercándolles libros.
    Estivo moi ben, xa que aprendemos moitas cousas sobre a india e as mulleres, e que somos unha privilexiados e privilexiadas ao vivir aquí, ao poder estudar e a ter dereitos menos estritos en canto a mulleres.
    Sofía e Laura Sanjuán de 2º ESO

    ResponderEliminar
  5. antía gómez & laura muíño10 de abril de 2013, 13:30

    Onte veu ao colexio a fotografa da Fundación Vicente Ferrer, Yolanda Ferrer cun dos apadriñados da fundación que se chamaba Sasi.
    Sasi comentounos sobre as novedades da vida na India dende que chegou a fundación; as melloras relacionadas coas mulleres e a autoestima que colleran. contounos un pouco da vida dunha muller que foi a universidade, aínda está solteira e agora esta traballando.
    pareceunos interesante e fixonos ilusión o libro que nos entreganron do colexio ao que axudamos dende aquí.

    ResponderEliminar
  6. Manuel Santamariña Ruiz de León (2º ESO)10 de abril de 2013, 13:31

    Comento que la charla me pareció interesante desde el punto de vista didáctico. Aprendí bastantes curiosidades sobre India, y en general me interesó. No es que hubiéramos hecho muchas preguntas, yo hice unas tres preguntas más o menos. No es que la gente se viera muy interesada, es más, me gané los abucheos de los de 3º y 4º por hacer las preguntas, ya que querían salir pronto e ir a comer. Sasi empezó hablando de India, concretando en el machismo que sufren las mujeres, y que India es uno de los peores países para ser mujer. ¿Sabíais que en India no se enseñan las ecografías ni se revela el sexo del feto porque los padres, si saben que sería una niña, seguramente abortarían? Esto, tristemente es así. Es mucho más caro mantener a una mujer, se necesita pagar la dote, que significa que en la boda, la familia de la novia tiene que pagar todos los gastos de ésta, así como el banquete para todos los invitados. Siguió hablando del sistema de castas, en los que los badures eran los más poderosos por debajo del rey. Y al fondo estaban los intocables, que hacían los trabajos más sucios y denigrantes. Es muy triste que las mujeres sufran tal discriminación y que no puedan vivir a gusto, pues el machismo no tiene razón de ser.

    ResponderEliminar