Fantástica acollida da proposta da ONG Glorr en colaboración con Global Humanitaria, para a recollida de roupa e calzado usado. Monferosolidario repartiu a semana pasada as circulares para as familias e as bolsas para depositar as prendas. Durante o luns 22 e o martes 23 de abril todas as persoas que quixeron contribuír a esta causa deixaron as bolsas nun espazo habilitado diante da Biblioteca Escolar. Podemos ver na imaxe superior os nenos e as nenas de 1º e 2º de educación primaria amosando os paquetes entregados. O mércores 23 un camión da organización Glorr pasará polo centro para recoller todo o material, que sabemos que será levado a unha pranta de reciclaxe para convertilo de novo en materia prima para a industria téxtil, recibindo a cambio unha cantidade de cartos que será no futuro investida en proxectos educativos que Global Humanitaria leva a cabo en diferentes países empobrecidos.
Queridas Familias:
Monferosolidario quere apoiar a
campaña de recollida de roupa usada e
calzado, a favor da ONG Glorr &
Global Humanitaria. Para isto visitaremos as aulas do noso centro
presentando esta campaña e repartindo esta nota informativa, así como as bolsas
para depositar a roupa. O luns 22 e o
martes 23 de abril poderán
depositarse estas bolsas nas entradas do centro escolar, xa que o mércores 24
esta ONG pasará a recollelas. Un atento saúdo.
Monferosolidario,
15 de abril de 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario