“A Asamblea Comarcal da Cruz Vermella Española en Betanzos, en agradecemento ao CPI Virxe da Cela de Monfero a súa iniciativa solidaria, colaborando nas campañas solidarias realizadas durante o ano 2013, en Betanzos a 25 de abril de 2014”.
Este é o texto que ilustra o diploma que foinos entregado no acto da presentación da Memoria Anual 2013 da Cruz Vermella de Betanzos, que tivo lugar o pasado venres 25 de abril na Sala Xulio Cuns (Edificio do Liceo, Betanzos), e que estaba relacionado coa actividade que desenvolvimos no pasado curso académico 2012-2013 na nosa escola: o V Rastro Solidario. Naquela ocasión, os 742 cartos recadados foron ingresados na conta bancaria da Cruz Vermella, que estaba a facer unha fantástica e admirable labor para loitar coa pobreza e a exclusión social na nosa contorna máis próxima. Para reforzar esta actividade e sensibilizar ao noso alumnado, contamos tamén cun obradoiro impartido polos técnicos/as e voluntarios/as desta organización (venres 22 marzo 2013).
Tal como mostra esta fotografía, as coordinadoras de Monferosolidario subiron ao escenario a recibir este galardón de mans do Alcalde de Betanzos, e xa o temos enmarcado e exposto na entrada do edificio de secundaria.
Gustame moito que o colexio estea solidario tamén cos "veciños" e que todos colaboremos coa Cruz Vermella de Betanzos, tamén felicitar a Cruz Vermella e a todos os rapaces e rapaces e a toda a xente que o compoñen polo seu magnífico traballo, eu que son veciña da zoa síntome orgullosa deste tipo de organizacions.
ResponderEliminarUn saúdo