Alicia Barros (ONG Ecos del Sur) e Lorena Boga (Ayuda en Acción) visitaron o noso centro o martes 27 abril para impartir o obradoiro "Ciberactivismo pola Educación" ao alumnado da ESO (de 10:35 a 12:15 a 3º e 4º ESO; de 12:35 a 14:00 1º e 2º ESO. Campaña Mundial pola Educación 2021: Mil Millóns de Voces
O obradoiro "Ciberactivismo pola Educación" ten como obxectivo promover o coñecemento e a implicación da comunidade educativa galega coa CME (Campaña Mundial pola Educación) e cos seus obxectivos, así como favorecer o pensamento crítico e fomentar a participación e a mobilización social do alumnado a través da súa participación do xeito máis creativo e novidoso posible na campaña #MilMillonesdeVoces.
Partindo do Obxectivo do Desenvolvemento Sostible ODS 4 (reivindicación dunha educación para gratuíta, equitativa e de calidade para todos e todas), analizaranse as secuelas que a pandemia Covid-19 está deixando en millóns de nenos e nenas que se ven privados do dereito á educación, e animarase aos rapaces e rapazas a unirse a esta campaña que, lanzada a nivel internacional en máis de 100 países, pretende asegurar un aumento no financiamento público da educación.
Durante o obradoiro o alumnado da ESO empezou a deseñar contidos dixitais (memes, stickers, gifs, etc), que rematarán nas próximas sesións das materias de Valores Éticos e Relixión. De maneira voluntaria poderán participar no concurso #MilMillonesdeVoces en redes sociais da CME Galega onde se sortean 4 tablets.
Enlace sobre o concurso de #MilMillonesdeVoces:
Cartel Para Impri Mir by veracruces on Scribd
No hay comentarios:
Publicar un comentario