viernes, 24 de abril de 2015

"EU VOTO POLA EDUCACIÓN" NO CPI VIRXE DA CELA






Un ano máis o CPI Virxe da Cela únese á CME (Campaña Mundial pola Educación), que nesta ocasión identifícase cun lema tan significativo como “Eu voto pola educación”. O alumnado de 2º da ESO foi o principal dinamizador desta campaña non noso centro educativo, visitando as diferentes aulas da nosa escola para sensibilizar a alumnado e profesorado da importancia da súa participación en prol dunha educación universal, integradora e de calidade. Repartiron un lote de materiais, entre eles un póster para personalizar en cada clase, tarxetas para escribir as nosas peticións e ideas enfocadas a un cambio e mellora na educación, así como adhesivos co logo e lema da campaña.
A campaña tivo su cumio na semana do 20 ao 26 de abril, coincidindo coa SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación). Así, o venres 24 de abril efectuamos unha votación en toda regra. Todos os nenos e nenas visitaron, acompañados polos seus profesores/as, unha mesa electoral que estaba situada na entrada do edificio de secundaria. Depositaron nunha furna decorada para a ocasión as súas papeletas e xuntándose por aula para facer unha “foto de familia” acompañados do seu póster personalizado conxuntamente e que os identifica como grupo.
Proximamente pasaremos a colocar papeletas e carteis nun enorme panel expositivo, para así poder compartir os nosos soños e desexos cara un cambio na educación, e pouco a pouco tratar de ir levando a cabo o que estea nas nosas mans. 






No hay comentarios:

Publicar un comentario