viernes, 17 de abril de 2015

VISITA Á COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL









  

       O pasado 27 de marzo celebramos o“VII Rastro Solidario e Operación Quilo 2015” no CPI Virxe da Cela, e resultado desta xornada foi a recadación de moitos quilos de alimentos e algúns cartos en metálico grazas ás doazóns de alumnado, familias, profesorado e persoal non docente. Si ben a realización desta campaña “Operación Quilo 2015” buscaba a consecución destes bens materiais para aportar á Cociña Económica de Ferrol e así axudar a centos de familias que están vivindo unha difícil situación económica na actualidade, o auténtico e principal obxectivo da actividade era sensibilizar ao noso alumnado e facelos reflexionar para que no futuro axuden a construír unha sociedade moito máis xusta. 

         Antonio Tostado Naveiras, presidente desta institución ferrolá insistiu en recibirnos e guiar a nosa visita polas instalacións da Cociña Económica de Ferrol. Comprobamos que esta organización benéfica funciona respectando todos os requisitos establecidos na lexislación dos locais dedicados á hostalaría, contratando a persoal titulado e cumprindo as normas sanitarias vixentes. Tamén puidemos constatar que a pesares da crise económica as persoas contribúen con doazóns a esta causa benéfica. Como resultado a Cociña Económica adquiriu recentemente un local nas proximidades que está sendo utilizado como almacén, pois o que tiñan orixinalmente na parte superior de propio edificio de estilo modernista deseñado por Rodolfo Ucha Piñeiro na primeira década do século XX quedouse pequeno, xa que o número de usuarios disparouse nos últimos anos. 

        E unha vez máis o presidente da Cociña Económica lembrou a todos os rapaces e rapazas da importancia de estudar e adquirir unha formación que nos permita o día de mañá exercer un traballo digno e nos posibilite xestionar as nosas propias vidas, elixindo sempre un camiño axeitado para evitar problemáticas que nos fagan vulnerables nesta sociedade na que nos toca vivir. Como broche final á visita, a nosa compañeira Nina (3º de ESO) entregoulle a Antonio Tostado un sobre cos donativos en metálico recadados no noso centro, e que esperemos contribúan a paliar as demandas das familias máis necesitadas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario