Este ano, debido á situación excepcional (Covid-19), o encontro Fin de Curso da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas tivo lugar de maneira telemática o pasado xoves 14 de xuño de 2020 de 18:00 a 20:00 horas. Contamos coa participación da nosa profe Yolanda e dos alumnos Uxía (1º ESO) e Hugo (3º ESO).
Todos coñecemos algún evento ao que queríamos asistir este ano pero debido ao estado de alarma que co que levamos convivindo xa tres meses non foi posible . Ao que quero chegar con isto é que a Rede Solidaria Mocidade Entreculturas non se detivo ante esta situación e buscou alternativas para poder celebrar a súa Asamblea de Peche de Curso, o que levounos a celebrar a reunión dixitalmente. Algúns dos alumnos do CPI Virxe da Cela participaron no encontro que, ainda de larga duración (dúas horas) facíase levadeiro grazas a que a participacipación era activa. Neste encontro dixital tratamos temas como a incidencia política, no que profundizamos bastante, o estado actual do medio ambiente e da migración e por último a situación de desigualdade que estan a vivir mulleres de todo o planeta. Tamén empregamos a plataforma kahoot, coa que tivemos que responder un quiz con preguntas relacionadas a estos temas. Persoalmente estou satisfecho de haber participado , xa que foi entretenido e adquirín coñecementos de temas moi importantes que non dominaba tanto. Hugo Lucía Romero (3º ESO)

O día 4 de Xuño participei no Encontro
final de Entreculuras. Había rapaces e rapazas de Galicia, Asturias e Latino
América. Este ano foi por videoconferencia xa que por culpa da pandemia non o podeimos
facer como todos os anos. Fixemos un Kahoot sobre a incidencia política,
estivemos falando entre todos, puxéronos en grupos pequenos para debater sobre
as preguntas do Kahoot. Logo volveron a preguntarnos sobre as cuestións tratadas
nos grupos e debater que nos parecía, como foi a nosa posta en común etc.
Eramos 35 persoas en total na vídeo conferencia de Galicia, Asturias e Latino
América. Espero que para o próximo curso
non sexa por videoconferencia e poidamos vernos en persoa con saúde. Uxía Boado (1º ESO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario