O Departamento de Orientación do CPI Plirilingüe Virxe da Cela quere saber que pasa polas cabezas do noso alumnado en relación a como elas e eles ven a futura volta ao cole. Non sabemos cando nin como polo que, seguramente, poidamos sacar moitas e moi boas ideas de todos eles.
"Dende que o 13 de marzo confináronnos nos nosos fogares, deixando baleiro o Virxe da Cela, as familias asumiron unha gran responsabilidade ao proporcionar entornos de aprendizaxe que ata o momento realizábamos de forma compartida.
Esta nova situación que nos tocou vivir fai que cando volvamos á escola pode que teñamos que adaptar as nosas formas de relacionarnos e de utilizar os espazos.
Imaxinades ter que falar, xogar, estar na aula,… a unha distancia mínima de dous metros?
Non debemos volver con medo, pero si con precaución; tampouco volver sen afecto, pero si gardando as distancias e cunhas normas mínimas de hixiene básica que xa todos e todas coñecemos." Departamento de Orientación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario