jueves, 14 de abril de 2011

PETICIÓNS AO GOBERNO



Luz Mery Barral Bouzón e Anaís Buyo Collazo son as dúas alumnas do CPI Virxe da Cela que representaron a Galicia no acto estatal da SAME que tivo lugar o pasado martes 12 de abril de 2011 en Madrid. Foron recibidas, xunto con outros/as nenos e nenas de outros colexios por Delia Blanco, Presidenta da Comisión de Cooperación, e os representantes dos diferentes grupos parlamentarios, e pediron ao goberno que fixera efectivo o seu compromiso coa educación básica universal.

Os nenos e nenas aquí presentes en representación de todos os dos centros educativos que participamos na SAME facemos o seguinte chamamento aos políticos do estado español co fin de mellorar a educación e con isto o desenvolvemento daqueles países que máis o precisan:

1. Pedimos aos políticos que lembren o que prometen para conseguir un maior número de docentes e un maior número de escolas que levará a unha redución de alumnado por clase e con isto unha mellor preparación e aproveitamento dos materiais e as tecnoloxías; así acadaremos que todos os nenos e nanas podan de verdade aprender na escola.

2. Pedimos aos políticos que se comprometan a facilitar o acceso á educación dos sectores máis discriminados, como aquelas persoas con necesidades especiais e un trato igualitario entre nenos e nenas.

3. Pedimos aos políticos que cumpran o seu compromiso para acadar a continuidade educativa da mocidade, tanto rapaces como rapazas, impulsando o camiño cara a estudos superiores.

4. Que o goberno español mediante a súa axuda facilite o acceso de as nenas a estudos non so primarios, senón que podan facer estudos superiores e especializarse.

5. Que o goberno español traballe para que os gobernos dos outros países tomen partido cando os pais ou maridos destas nenas ou mulleres lles obriguen a deixar a escola.

6. Que parte da axuda que o goberno español se destine a campañas encamiñadas para que nos países do sur as familias valoren a importancia da educación de nenas e mulleres, e faciliten e posibiliten o acceso á mesma. Isto supoñerá un progreso na vida familiar e un desenvolvemento no país.

Luz Mery e Anaís con Pilar Debén (AECID)


Luz Mery e Anaís con Delia Blanco (Presidenta da Comisión de Cooperación Internacional)

Anaís Buyo na rolda de prensa

Anaís e Luz Mery falando co técnico de Entreculturas






2 comentarios:

  1. Que envexa de rapazas. Noraboa as nenas que foron a Madrid a representar ao resto dos colexios. Moi ben!!!!

    ResponderEliminar
  2. Son seguidora do voso blog e estou abraiada polo voso bo facer, pero sobre todo por conseguir no voso alumnado esa implicación e concienciación na educación en valores. E importante saber de matemáticas, lingua, galego, ciencias... pero é igual de importante ou mais a transmisión de valores e a conciencia crítica dos nosos alumn@s nunha sociedade onde o individualismo e o egoismo están mais presentes cada día. Só decir que vendo esto e as testemuñas destas dúas rapazas é posible cambiar o mundo. Si todos os rapaces e rapazas tiveran esta conciencia sería mais doado traballar por un mundo mellor. Felicitacións ao colexio por todo o traballo que está a facer no campo da educación en valores. As testemuñas destas nenas terían que leelas os rapaces de todos os colexios. Un saudo e apertas.
    Unha profe

    ResponderEliminar