miércoles, 18 de diciembre de 2013

ÉXITO DA CAMPAÑA EMERXENCIA EN FILIPINAS

Fantástica acollida da campaña "Emerxencia en Filipinas". Durante esta semana están expostos na entrada do edificio de secundaria os obxectos de fieltro decorativos de nadal elaborados artesanalmente polo alumnado de 1º da ESO e 6º de primaria,así como a hucha mascota-porquiño realizada polos máis pequerrechos/as de educación infantil. Todos os cartos resultantes da venda de obxectos e donativos serán enviados a Filipinas, aos danmificados do desastre do furacán que tivo lugar o pasado mes de novembro, a través da ONG Entreculturas. Quixaramos facer unha mención moi especial ao noso compañeiro Adrián (1º ESO), xa que invertiu unha cantidade de horas e esforzo en materializar parte dos obxectos e recardar entre achegados e familias unha morea de cartos que inauguraron a hucha... Os nosos parabéns, Adrián...



PODCAST MONFEROSOLIDARIO AXUDA A FILIPINAS
  Adrián Marcos, de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela, fala da iniciativa que se levou a cabo para axudar aos damnificados do tifón Yolanda, que arrasou Filipinas a finais do ano 2013

1 comentario:

  1. Ola a todos/as. Escribímosvos desde a ONG Entreculturas para felicitarvos polo magnífico labor de creatividade que tedes realizado con esta actividade tan chula e, sobre todo, para darvos as GRAZAS no nome de toda a organización por ter confiado en nós para canalizar os fondos recadados cara ás persoas danmificadas polo furacán de Filipinas. As persoas que reciban a vosa axuda agradeceránvolo e non dubidedes en que os cartos chegarán o antes posible ás zonas máis necesitadas. Unha aperta enorme e, de novo, MOITAS GRAZAS!

    ResponderEliminar