Despois dun longo e
duro inverno sempre chega a maxia da primavera, que devolve a vida a unha
natureza aletargada. Sempre queda a esperanza, un novo brote que contén as
nosas ilusións e soños para a Paz. E que mellor imaxe para ilustrar todo este
proceso que unha árbore espida e baleira na que podamos depositar todos os
nosos pensamentos e desexos positivos. Así o fixemos conxuntamente o alumnado e
profesorado de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria
Obrigatoria do CPI Virxe da Cela o pasado venres 30 de xaneiro de 2015, nun
acto conxunto de celebración do “Día da Paz e da Non Violencia”. Cada folla que
alberga esta nova árbore contén as mellores intencións dunha infancia e
xuventude que está a construír un mundo mellor no que trataremos de convivir en
paz e harmonía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario