Entreculturas denuncia que máis de 170.000 inmigrantes irregulares, principalmente
subsaharianos, alxerianos e marroquís, chegaron ás fronteiras exteriores da
Unión Europea ao longo do pasado ano. Desa cifra, 7.500 persoas arribaron ás
costas españolas. A gran maioría trataron de entrar no país saltando os valos
fronteirizos ou embarcados en pateiras aínda que a súa desesperación por
sobrevivir os empurrou a navegar ata en balsas de xoguete ou simples
flotadores. Con este panorama, que se repite día tras día, tanto os países
membros da Unión Europea coma os gobernos africanos deben facer fronte a un
drama cuxa solución máis efectiva radica na cooperación internacional e o
investimento nos países afectados por esta situación de extrema pobreza, evitando
así a emigración masiva dos seus habitantes.
"Cando nunha parte do mundo hai fame, a xente sae a saciala alí onde non a hai.
Deste xeito foi sempre...e será"
Non vos perdades este documental de 15 minutos. Vén a complementar
a realidade que vemos reflectida un día si e outro tamén a través dos medios de
comunicación. Recuperemos a humanidade, tendamos a man aos que sufren e sexamos hospitalarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario