Un ano máis o Departamento de Relixión do CPI Virxe da Cela deixou
a súa pegada o 30 de xaneiro para conmemorar o “Día da Paz e da Non Violencia”.
E nunca mellor dito, porque o gran panel que ilustra esta data tan especial
contén decenas de mans, feitas polo propio alumnado, que recollen frases ou
lemas referentes aos Dereitos Humanos. Contemplamos que respectar os dereitos
supón unha convivencia pacífica, e non respectalos, pola contra, conduce á
desigualdade, inxustiza, intolerancia e finalmente violencia. Unamos todos as
nosas mans e os nosos esforzos para facer un mundo mellor.
Non esquezamos o fermoso panel para a Paz realizado polos mais pequerrechos, os nenos e nenas de Educación Infantil, que xa nesta primeira etapa das súas vidas son educados en valores e na cultura da Paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario