Din
que unha imaxe vale máis que mil palabras… Pois imaxinade entón o efecto de
mesturar imaxes e palabras para conseguir un mesmo fin. Precisamente neste fenómeno
consiste a iniciativa da Biblioteca Castelao para conmemorar o Día da Paz: unha
exposición de “Pictogramas sobre a Paz” realizados polo alumnado do CPI Virxe
da Cela. Como podedes observar a través das fotografías que ilustran esta
actividade, foron moitas e variadas as propostas dos nosos rapaces e rapazas.
Acompañando aos paneis que albergaban todos os pictogramas elaborados colocouse
o “Libro Branco da Paz”, onde todo aquel que quixese deixou unha frase, un lema
ou unha pequena reflexión sobre este día tan importante, resaltando a idea de
convivencia pacífica e rexeitando toda forma de violencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario