Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non
violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou
Llorenç Vidal, alá a mediados dos anos 60, en coincidencia co aniversario da
morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.
Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz cada 30 de
Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo)
celebrar a paz de todos os días e preguntármonos e interpelar ao alumnado sobre
onde está a paz, e en que lugar debemos
buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes
mundiais, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores, nin tampouco
nas pombas que soltamos ou nos paneis que debuxamos, como ás veces cre o noso
alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia, dentro do noso corazón. Desde aí é desde onde construímos a
paz, cada día, con nós mesmos e cos demais. Tal e como dicía maxistralmente o
propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan
dentro do noso propio corazón".
Intentemos pois construíla e celebrar a paz de todos os días: a convivencia, o respecto aos demais e a nós mesmos, compartir vivencias xuntos... para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.

E para conmemorar esta data os alumnos de 2º ESO dos coles de Ares e Monfero colaboraron
conxuntamente para realizar este pequeno vídeo sobre a paz. Aquí tedes o
resultado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario