O CPI Virxe da Cela acaba de recibir unha carta da Cociña Económica de Ferrol expresando o seu agradecemento pola entrega dun donativo en especie. Este donativo foi efectuado no pasado mes de abril, e consistía nun lote de paquetes de arroz e unha caixa de vexetais. O comedor escolar do noso centro destinou estes alimentos que tiña como excedente a un fin benéfico, unha sinxelo xesto de solidariedade en estes tempos de crise. O número de usurarios da Cociña Económica de Ferrol e de outros comedores sociais multiplicouse nestos últimos meses. Desde fai tres anos o CPI Virxe da Cela organiza a Operación Quilo, unha campaña de sensibilización que ten como resultado a recollida de alimentos non perecedeiros para donar a esta institución benéfica de Ferrol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario