martes, 18 de diciembre de 2012

OPERACIÓN QUILO 2012

En 2008 iniciamos a nosa colaboración coa Cociña Económica de Ferrol. “Operación Quilo: Solidarios coa Cociña Económica de Ferrol” é unha campaña bianual (Nadal 2008, 2010 e 2012), que ten a finalidade de sensibilizar á nosa comunidade educativa da existencia dun “Cuarto Mundo” moi cerca de nós. Recollemos alimentos e posteriormente os levamos a Ferrol, visitando as instalacións da Cociña Económica e recibindo unha charla sobre a historia e o funcionamento desta institución social. 

O alumnado de Atención Educativa de 1º da ESO (María, Diana, Paula, Andrea, Adrián e Aitor) visitarou as aulas do noso cole animando aos rapaces e rapazas a participar nesta campaña, xa que coa nosa pequena contribución poderemos facilitar alimento a tantas persoas que na presente situación de crise vense obrigados a acudir a un comedor social. Enviamos unha circular a todas as familias para facerlles partícipes desta actividade. Varios grupos de EI e EP foron coas súas titoras de "excursión" ao punto de recollida de alimentos, que está situado próximo á biblioteca escolar, para depositar os seus paquetes de pasta, arroz, azúcar e outros alimentos non perecedeiros. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario