Como en anos anteriores, o venres 22 de Novembro do 2019 (Venres)
celebramos no noso centro a Carreira Quilómetros
de Solidariedade para colaborar coa ONG
“Save the Children”, que este ano vai dedicada ás nenas/os do pobo Rohingya.
Pero este ano, a carreira
tivo un triple motivo de conmemoración. Tendo en conta que o 20 de Novembro foi
o día dos Dereitos dos Nen@s e o 25 de Novembro é o Día Internacional contra da
Violencia de Xénero, conmemoramos no mesmo acto estas dúas datas e os valores
que representan.
Así que a carreira (a diferencia doutros anos) foi unha carreira
de relevos por clases, encabezada primeiro por unha rapaza de cada un dos cursos
que, sentada nunha cadeira de cor vermella (símbolo dos millóns de nenos e nenas
que non teñen dereito á educación), recolle o relevo simbolizado por un facho de
cor morado (símbolo do Día contra a Violencia de Xénero), dando saída a todos
os nenos e nenas do seu curso.
Cada clase vestiu unha camiseta facilitada polo Concello, coa
lenda Monfero en Negro e o dorsal de “Save the Children”.
Ao remate da
carreira Clara e Lucía, alumnas de 4º ESO, leron un manifesto a favor dos
Dereitos dos Nen@s e en contra da Violencia de Xénero.
Como final do acto as profesoras de E.F deron aos nenos, nenas e
rapaces/as un agasallo e un diploma pola
súa participación.
Dende o noso cole queremos dar as grazas a toda a comunidade
educativa pola súa colaboración e solidariedade.
Porque un mundo mellor é posible....
CONSTRUÁMOLO ENTRE
TODOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario