miércoles, 27 de noviembre de 2019

CAMPAÑA GLORR DECEMBRO 2019


Queridas Familias:
      Monferosolidario quere un ano máis apoiar a campaña de recollida de roupa usada e calzado, a favor da ONG Glorr & Global Humanitaria, para asistir aos menores e familias que se encontran en situación de precariedade económica ou exclusión social no territorio nacional. Para isto visitaremos as aulas do noso centro presentando esta campaña aos nosos alumnos e repartindo unha nota informativa, así como as bolsas para depositar a roupa. A data límite de recollida será o luns 9 de decembro de 2019. As bolsas poderán depositarse nas entradas do centro escolar. Agradecemos a vosa colaboración.

 Monferosolidario, 26 novembro 2019



No hay comentarios:

Publicar un comentario