martes, 10 de noviembre de 2015

CARTA AGRADECEMENTO GLORR


      Prezados pais, alumnos e profesores: 
    Dende GLORR Fundación queremos agradecervos a colaboración recibida nesta campaña de outono de recollida de roupa e calzado efectuada no voso centro educativo. Facilitástesnos a tarefa de difusión da campaña, así como o reparto e a recollida das bolsas colocándoas nun lugar de fácil acceso. Infortunadamente, neste curso 2015 -2016, seguimos recibindo moitas peticións de axudas a través dos centros educativos, dos servizos sociais e doutras asociacións. Desexaríamos seguir contando coa vosa colaboración nas próximas campañas para poder cumprir os obxectivos que nos propuxemos e así axudar aos nenos e ás familias que o están a pasar verdadeiramente mal no noso país. 
      Para máis información, podedes consultar a nosa páxina web www.glorr.org. 
                                                                                                                 Saúdos , Glorr

No hay comentarios:

Publicar un comentario