Talento, compromiso, coñecemento, innovación… elementos
fundamentais para a construción dun futuro sostible: para a esta meta se
dirixen os esforzos do CPI Virxe da Cela, a Fundación
Ayuda en Acción e a Fundación Repsol
nunha aposta conxunta. Utilizando como materia prima a enerxía das persoas,
estes tres colectivos tiveron a oportunidade de intercambiar puntos de vista e
construír os cimentos de futuras actuacións durante unha primeira visita ao
noso centro educativo (mércores 18 de novembro de 2015).
Foi unha estancia curta pero moi produtiva. Tras
as presentacións oficiais o equipo directivo e un representante da ANPA
acompañaron aos nosos convidados a asistir a unha clase de programación dentro
do proxecto Genios, promovido por
Fundación Ayuda en Acción en
colaboración con Google.org. Ignacio
Egea (vicepresidente da Fundación Repsol) e Javier Inclán (director da area social e institucional de Repsol) puideron comprobar de primeira man que o noso centro aposta por
romper a brecha dixital e que grazas ao compromiso de Ayuda en Acción os nosos alumnos e alumnas están a adquirir
ferramentas e competencias que os capacitarán tanto para o seu futuro
profesional como para o desenvolvemento integral como persoas e cidadáns, xa
que en todo o proceso educativo prima o traballo en equipo e os valores.
Como broche final o alumnado de 3º da ESO guiou un
programa radiofónico en directo onde os principais actores deste traballo
conxunto tiveron a oportunidade de expresarse. Beatriz Varela, técnico de Ayuda en Acción, explicou detalladamente
a liña de actuación do programa de innovación tecnolóxica Smartick que se está a desenvolver co alumnado de primaria, e xa
pasando a un plano máis persoal relatou a súa experiencia como voluntaria nos
proxectos educativos que Ayuda en Acción
está levando a cabo en América Latina. Yon Penas, encargado de impartir docencia
no noso centro dentro do programa Genios,
manifestou a súa admiración tanto polas ganas e motivación do noso alumnado
como pola cantidade e variedade de actividades que se están a desenvolver no
noso centro. As palabras de despedida de Ignacio Egea e Javier Inclán quedarán
flotando nas ondas e no espazo e esperamos que sigan resoando e facendo eco nos
oídos dos nosos nenos e nenas, xa que ambos directivos de Repsol salientaron
que para soñar e construír o futuro non fai falla gasolina, senón a simple
enerxía que produce a mente e o corazón.
Libro repsol from satelite1
No hay comentarios:
Publicar un comentario