martes, 17 de noviembre de 2015

CHARLA ANOCA




     O outro día (martes 17 novembro 2015), viñeron ao colexio catro integrantes do proxecto ANOCA, para impartir unha charla aos alumnos de segundo, terceiro e cuarto da ESO. Nesta actividade, dous internos da cárcere de Teixeiro contáronnos as súas vivencias persoais que lles levaron a ingresar no cárcere. Con esta charla, intentaban concienciarnos do perigo das drogas, alcohol, etc. sempre poñéndose a eles de exemplo e, na miña opinión, a mellor maneira de facelo; xa que sempre é máis impactante ver un caso en concreto. 
     Nun primeiro momento, puxeron un vídeo para poder coñecer as instalacións do cárcere e, a continuación, os dous profesores que formaban parte do persoal que impartía a charla, realizaron unha pequena introdución. A parte da idea central nomeada anteriormente, tamén nos falaron das normas e funcionamento da prisión, da maneira na que estaba organizada, como eran os horarios… Finalmente, os dous internos comezaron a falarnos da súa situación. Na rolda de preguntas, estiveron abertos a respondelas todas, engadindo moitos detalles e información. En definitiva, foi unha boa actividade. Andrea Brage (3º ESO).

No hay comentarios:

Publicar un comentario