O CPI Virxe da Cela entre os
finalistas do VI Certame de Cinema OUFF Escola enmarcado dentro do festival de
Cine Internacional de Ourense (OUFF).
O OUFF escola, é un concurso que
ten como obxectivo o fomento da participación do alumnado en proxectos
audiovisuais, impulsar a creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma
galego. Tamén pretende potenciar a
utilización das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino
e crear un espazo de referencia para a mostra audiovisual feito nas aulas.
Nesta edición do certamen concurreron 124 traballos de centros de Enseñanza Primaria
e Secundaria de toda Galicia. A entrega de premios tivo lugar
no Auditorio Municipal de Ourense o luns
16 de Novembro de 2015.
Noraboa a todos e todas polo traballo realizado e aínda que
non acadamos o premio final , xa somos uns gañadores por chegaren ata aquí.
Parabéns a todos aos
alumnos e alumnas que participáchedes no traballo, aos que estades no centro e
aos que estabades o ano pasado en 4º ESO que
fuchedes parte principal na
realización deste proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario