miércoles, 21 de septiembre de 2016

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA: GLORR

























Inauguramos o regreso ás aulas lanzando un ano máis a campaña de recollida de roupa e calzado usado promovida pola organización GLORR. O alumnado de 2º da ESO visitou as diferentes clases da nosa escola repartindo bolsas e circulares informativas para as familias, e tratando de sensibilizar a todos os nenos/as da importancia da nosa colaboración, un pequeno xesto que pode axudar a moitas familias que nestes momentos se atopan nunha situación difícil económicamente e con risco de exclusión social. Todas as persoas que queran colaborar poden depositar as bolsas cheas de roupa e calzado usado na entrada do noso cole. A data tope de recollida será o venres 14 de outubro de 2016.





No hay comentarios:

Publicar un comentario