Galiza, na axenda do relator especial da ONU sobre pobreza extrema. Philip Alston visita a nosa comunidade autónoma, onde se reunirá cunha representación do Goberno galego ou departirá con familias afectadas pola exclusión en Monfero, entre otras citas.
Un total de 542 892 persoas na Galiza, 18,8 % da poboación, viven por baixo do limiar da pobreza, fixado en 8.871 euros anuais para unha persoa soa. Esta é una das conclusión dun recente estudo elaborado por CCOO e que ratifica análises e informes que ao longo destes anos advirten e alertan da cronificación de situación de pobreza extrema e exclusión na Galiza. Premer a imaxe para consultar nota de prensa.
"Esta semana visitounos Philip Alston xunto cos seus colaboradores das Nacións Unidas. É relator sobre Dereitos Humanos e Pobreza Extrema da ONU e estaba visitando diversas localidades españolas para levar unha impresión de primeira man sobre as necesidades do rural. Na tarde do martes reunímonos no cole con representantes de Ayuda en Acción, das nais e pais do alumnado, da Rede de Desenvolvemento Rural e coa traballadora social do concello de Monfero.
Ao longo dunha hora, trasladáronselle as preocupacións da xente da nosa contorna: problemas de illamento no rural, tanto físico como tecnolóxico; dificultades para acceder á información ou á busca activa de emprego; falta de oportunidades de traballo para as familias e de ocio e cultura para os rapaces e rapazas; desigualdade de oportunidades con respecto a contextos urbanos... E como todo isto incide nunha sorte de círculo vicioso que se perpetúa: non hai transporte público efectivo porque non hai xente e non h ai xente porque non hai trasnporte público eficaz, por exemplo.
Pero tamén lle mostrams como, a pesar de todo, o rural e o seu xeito de vida ten moitas cousas positivas: natureza, calidade de vida, supervivencia da lingua e de saberes, mantemento de patrimonio inmaterial...
O relator mostrouse comprensivo co que se lle transmitiu (nomeadamente coa dispersión, porque el é australiano, e diso, saben un lote) e comprometeuse a plasmar todas as precupacións e demandas no informe que trasladará á ONU." Rosalía Regueiro Méndez, Xefa Estudos Secundaria.
Moi ben plantexado o problema que supón o despoboamento do rural xa que se trata dun sector clave para a conservación do entorno e a produción primaria dun país. Debe ser modelo cara un desenvolvemento sustentable e de calidade de vida. Debese garantir unha serie de servizos á súa poboación independientemente do lugar no que vivan.
ResponderEliminarPola vosa parte orgulloso de que se contribúa cunha educación de calidade, pondo en valor o entorno no que se atopa a escola e os alumnos e o aprendizaxe que se pode facer del. O mundo rural foi denostado tratando á súa xente como menos culta, as profesións ligadas á agricultura tiveron mala fama socialmente, as súas tradicións, linguas... Todo isto está a cambiar pero queda camiño por percorrer e a exposición dos problemas, a explicación de porqué acontecen e como se poden mudar son claves para que poidamos formar ás novas xeracións, (que teñen un acceso á información e unha capacidade crítica moito maior que a dos seus antecesores) para que estean orgullosos da súa identidade e poidan mellorar o mundo dende a liberdade, igualdade e respeto como se fomenta neste blog.
Grazas por ende.