domingo, 23 de octubre de 2016

ENTRECULTURAS XVIII ENCONTRO EN REDE : UN MUNDO DE ALTERNATIVAS PARA SANAR A TERRA


Un ano máis iniciamos o curso cun encontro en Rede, para poder compartir unha xornada lúdica e pedagóxica con outros mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade Entrecuturas. Nesta ocasión acudimos un total de 13 alumnos/  e unha profe (mandamos desde aquí un bico enorme á nosa querida  Verónica que nesta ocasión non nos puido acompañar pola feliz nova da súa maternidade). Así, dedicamos un estupendo sábado (22 outubro 2016) para viaxar cara a Vigo e dirixirnos ao Instituto Colexio Apóstolo Santiago , centro anfitrión deste encontro.
         A xornada comezou cunha cálida acollida por parte dos alumnos/as e profesores/as do Centro de Vigo, que prepararon este evento con moito cariño e ilusión. Tras unha breve presentación do planning, o día  comezou cunha emotiva charla taller titulada “Amazonía: aprender a coidar da Casa Común”, impartida polo misioneiro Fernando López , integrante dun equipo itinerante que percorre o Amazonas acompañando aos pobos indíxenas na defensa dos seus dereitos, e a indixena da Amazonía Arizeta. Faláronnos de que temos que coidar o planeta, de que temos que simplificar a nosa vida para ser felices e  que unha educación que nos fai competidores faimos depredadores. Fernando falou con paixón de América Latina, onde chegou fai trinta anos seguindo o seu compromiso social. Desde fai máis de dezaseis anos defende desde a selva amazónica os dereitos das comunidades indíxenas. Recordounos de que o que pasa a miles de quilómetros da nosa casa ten que ver co noso estilo de vida e que hai que cultivar un corazón comprometido que saiba latir co corazón do outro e que sente tamén o corazón da nai terra. Necesitamos conectarnos coa terra e coidala.
Como colofón á charla regalou a todos e todas un anel feito con pel de coco para que lembremos  que se aquí non cambiamos a lóxica do consumo, a Amazonía e outros moitos  pobos da nosa terra seguirán sendo depredados.
Logo desta estupenda charla todos os rapaces e rapazas realizaron diferentes dinámicas centradas na temática do encontro “Un mundo de alternativas para sanar a terra”, mentres que os docentes realizabamos a nosa formación, adquirindo novas ferramentas didácticas para abordar a educación. Destacar que neste encontro acompañáronnos dous docentes de Portugal, Luís e Teresa, integrantes da Rede portuguesa de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.
        E despois de tanto traballar… devoramos ao aire libre o xantar que nos estaba esperando e...de postre… a elaboración das axendas solidarias. O grupo do CPI Virxe da Cela presentou da man de Alex e Laura as nosas propostas solidarias de cara a este novo curso.
Como despedida o centro anfitrión agasallounos cunha planta que coidaremos con  moita ilusión para recordar o noso compromiso coa nai terra e coidado do medioambiente.
Chegamos cansos pero contentos e ilusionados para comezar os novos retos que desde Monferosolidario imos poñer en marcha.
Aquí vos deixamos unha fotos da xornada do encontro.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario