viernes, 21 de octubre de 2016

FINALISTAS DO FESTIVAL OUFF ESCOLA DE OURENSE COA FAMILIA GRELINDA

Estamos de noraboa!!!. 
O noso centro resultou finalista no festival Ouff Escola de Ourense co audiovisual da Familia Grelinda, realizado para conmemorar os 40 anos da nosa escola.

O certame OUFF Escola do Festival de Cinema Internacional de Ourense recibiu nesta edición un total de 119 pezas realizadas por un total de 3.404 estudantes procedentes de toda Galicia. Con el,a Concellería de Cultura, Normalización Lingüística, o OUFF e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia teñen como obxectivo impulsar o uso do galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.

Nesta edición do OUFF Escola repartiranse 2.600 euros en premios divididos en dúas categorías: unha conxunta de Infantil e Primaria e unha segunda para outros niveis de ensino non universitario (excepto as escolas oficiais de Imaxe e Son). En cada unha das dúas, o OUFF Escola entregará un primeiro premio de 600 euros para o centro, un segundo premio de 400, e o Premio Branco Amor ao Mellor Guión, dotado con 300 euros.

Os encargados e encargadas de escoller os traballos premiados desta edición serán Ánxos Fazáns -cineasta-, Déborah Vukusic -actriz-, Simone Saibene -cineasta-, Manoli Maseda -coordinadora provincial dos equipos de Normalización e Dinamización Lingüística- e Gregorio Ferreiro -representante de Secretaría Xeral de Política Lingüística-. Os premios entregaranse o 2  de novembro en Ourense.

  
Proxeccións e actividades OUFF Escola
Ademais, dentro do marco do OUFF Escola, proxectaranse dúas películas de referencia: Fantasía (1940) no 50 aniversario da morte de Walt Disney e Caseta by me (Rob Reiner, 1986), aproveitando que hai 30 anos que se estreou o filme. Ambas as proxeccións estarán expostas como "películas guiadas", xa que un profesional do sector audiovisual acompañará aos mozos para conversar con eles sobre o filme. O actor Rubén Ochandiano será o encargado de levar a cabo esta actividade con Caseta by me -para alumnado de secundaria- e o director e realizador Juan Galiñanes acompañará aos nenos e nenas que acudan ao visionado de Fantasia.

Aquí vos deixamos o vídeo da Familia Grelinda para qeu o volvades a ver. A que está chulo!!!


           

No hay comentarios:

Publicar un comentario