Este martes 30 de maio tivemos a visita de Abel que veu
dende Entreculturas a darnos un obradoiro de medioambiente. Como todos sabemos, este ano o lema de
Entreculturas é “Un mundo de alternativas para sanar a terra”, e que mellor que
dende a escola para comezar cos nosos pequenos actos a contribuír a tal fin.
Así que poñéndonos mans a obra, realizamos un obradoiro para facer papel
reciclado, aínda que Abel quedou abraiado xa que os nosos alumnos tiñan máis
que sabido como se reciclaba o papel. No noso cole o levamos facendo dende hai
ben de tempo xa que é unha das nosas actividades para colaborar no rastro solidario,
no que poñemos á venda as láminas de cores de papel reciclado que os nosos alumnos e alumnas fan
na clase de ciencias. Aínda así, aprendemos con Abel outra maneira de secar a
pasta de papel, que difería un pouco da nosa técnica. Logo fixemos unhas
dinámicas en grupo coas que pasamos un rato ben divertido e como colofón á
xornada, un chiculate con galletas. Pasámolo xenial!!!
Grazas a Abel e a Entreculturas pola xornada de onte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario