Neste proxecto están participando de xeito colaborativo o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, a ONGD Solidariedade Internacional de Galicia e un equipo de investigación da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. O obxectivo do mesmo é o de traballar transversalmente no centro educativo dende a perspectiva da educación para o desenvolvemento, poñendo en relación as problemáticas locais do concello de Monfero, como é o sector lácteo-gandeiro, coas problemáticas globais de inxustiza e desigualdade Norte-Sur (pobreza, Dereitos Humanos, interculturalidade, xénero, sustentabilidade….).
Durante estas xornadas os auténticos protagonistas serán os nenos e nenas, quenes expoñerán os seus traballos no eido da solidariedade, a loita contra a pobreza e a desigualdade. Os máis cativos participarán en sesións de contacontos e obradoiros sobre consumo responsable.
Ademais celebrouse a Carrera Kilómetros de Solidaridad en colaboración con Save the Children cuxa intención é movilizarse e loitar polos dereitos da infancia. Cada quilómetro percorrido conta para chegar á meta: acadar que todas as nenas e nenos do mundo teñan asegurado o cumprimento dos seus dereitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario