A intervención rápida ante unha parada cardio-respiratoria é
vital para que os equipos de emerxencia poidan actuar e salvar vidas. Por esta
razón, o pasado 15 de novembro, organizouse desde o departamento de orientación
e educación física, en colaboración co CHUAC unha charla dirixida a todo o
alumnado da ESO e 5º e 6º de educación primaria, dentro do “Programa de
Divulgación en Doazón e Transplantes”
Na primeira sesión, impartida por Alejandro, enfermeiro do
CHUAC, vimos os aspectos básicos da Doazón de órganos e tecidos.
Na segunda sesión, Fernando, médico da UCI, despois das
pautas básicas teóricas sobre a RCP (Reanimación Cardiopulmonar) ensinou ao
alumnado a realizar a maniobra de forma práctica.
Toda unha experiencia que repetiremos coa formación básica
para alumnado e profesorado dentro do Plan deportivo de centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario