A coeducación e a igualdade son elementos fundamentais para
construír sociedades cada vez máis xustas. Actuacións, neste senso que se
desenvolven diariamente no centro educativo de Monfero, pero que con motivo do
Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, adquiren énfase
cunha xornada no que a totalidade de Comunidade educativa se implica.
Ao redor da mesma se organizou unha mesa debate na que as
experiencias das nais do noso alumnado permitiron ver e reflexionar sobre a
evolución da escola e os valores sociais no último século. Actitudes, valores e
comportamentos transmitidos que camiñan cara a igualdade pero nos que aínda
perduran micromachismos que reflicten o que aínda nos queda por percorrer.
Pero a reflexión sempre debe ir acompañada do seu traslado á
realidade, e que mellor que darlle sabor a xornada cos obradoiros de cociña
creativa do alumnado de Ed. Infantil, doces nos que nenos e nenas amosan as
súas capacidades culinarias e dos que todo o centro fomos quen de saborear.
Alén disto, o alumnado de ESO exerceu de conta contos coa
obra “Artur e Clementina” e o de Ed. Primaria deseñaron marcapáxinas que
despois penduramos no patio do centro para quen llo regalara a unha muller da
súa vida no día de hoxe.
Sen dúbida, unha xornada moi especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario