O martes 29 de xaneiro de 2019 celebramos no CPI Plurilingüe Virxe da Cela un acto conxunto para conmemorar o Día Mundial da Paz (30 xaneiro). Todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse no patio cuberto a media mañá para asistir a este acto que iniciose coa na lectura de Poemas para a Paz e tamén o Manifesto para a Paz 2019. A continuación o alumnado de educación infantil e primaria fixeron unha "performance" coa decoración da palabra PAZ en formato xigante utilizando materiais de refugallo, á vez que o alumnado da ESO interpretaba a canción "Imagine", de John Lennon. Un ano máis repartimos chapas co lema da Paz 2019, para poder difundir este mensaxe entre a nosa comunidade educativa.
Celebración do Día Escolar da Paz e a Non Violencia
No hay comentarios:
Publicar un comentario