viernes, 11 de diciembre de 2009

A INDIA RURAL E A FUNDACIÓN VICENTE FERRER (I)

Xoves 10 de Decembro de 2009: Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da E.S.O. foron os protagonistas dunha xornada de difusión do importantísimo labor de Vicente Ferrer na India. Realizaron actividades deseñadas para o Proxecto School to School que estase levando a cabo este curso, facendo un intercambio cultural entre o noso centro e unha escola de Anantapur, na India. As actividades consistiron en:
1.- Impartir charlas co título "A India rural e o proxecto da Fundación Vicente Ferrer", con visionado de diapositivas.
2.- Realización de diversos obradoiros na Biblioteca Escolar: danzas típicas da India, láminas e debuxos apreciando diferencias entre a nosa cultura e a cultura india, vestimentas típicas da India, etc.

Programamos todas as actividades que se realizaron simultáneamente en diferentes espazos do noso centro. Distribución:

-Espazo UUMM1, de 14:45 a 16:25, o alumnado 4º E.S.O. imparte a charla ao alumnado 2º Ciclo Ed. Primaria
-Espazo UUMM2, de 14:45 a 15:35, o alumnado 3º E.S.O. (grupo A) imparte a charla ao lumnado Ed. Infantil
-Espazo UUMM2, de 15:35 a 16:25, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo B) imparte a charla ao lumnado 1º Ciclo Ed. Primaria
-Bibliteca Escolar, de 14:45 a 15:35, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo B) realiza obradoiros para o alumnado de 1º Ciclo de Ed. Primaria.
-Biblioteca Escolar, de 15:35 a 16:25, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo A) realiza obradoiros para o alumnado de Ed. Infantil.

Saúdo "namasté", e mandalas de fondo

Danzas tradicionais da India


Iria, Desiré e Vanesa no obradoiro de debuxos


Mandalas


Obradoiro de debuxos

Desiré, Iria e Vanesa (3º E.S.O.) impartindo a charla


Luz Mery (3º E.S.O.) impartindo a charla e Alejandro de técnico de imaxe e son



Luz Mery falando de Vicente Ferrer

1 comentario:

  1. Moitos parabens polas actividades que estades facendo. A verdade que esta metodoloxía a través da cal implicades aos alumnos e alumnas, para que eles activamente aprendan e se sintan protagonistas, como se ve nesta actividade na que eles mesmos son os que ensinan os seus compañeiros mais pequenos,está moi ben. Ademais vese que todos disfrutan. Moi Ben !

    ResponderEliminar