Atte. Antonio González
miércoles, 24 de octubre de 2012
MOCIDADE CRÍTICA E RESPONSABLE NO CPI VIRXE DA CELA
Como
resposta á convocatoria e posta en acción de apoio
á folga xeral estudantil do 16, 17 e 18 de outubro de 2012 convocada
polo
Sindicato de Estudantes en colaboración con CEAPA e outras
organizacións, pretendemos
o grupo de alumnado de 4º da ESO do CPI "Virxe da Cela" facer oir a
nosa voz a través da nota de prensa que se adxunta e do manifesto tamén
achegado. O número de alumnado do noso colexio é moi baixo (12 persoas
integramos o grupo de 4º da ESO) polo que nunca hai repercusión destes
eventos,
desta vez pretendemos que iso cambie na medida do posible. Xa que a
cotío traballamos en Monferosolidario co obxectivo dun mundo máis xusto e
no que os dereitos humanos se respecten, esperamos que tal como nós
como alumnos/as nos posicionamos en nome de Monfero e Irixoa, solidarios
coas reivindicacións do Sindicato de Estudantes e conscientes dos
motivos desta folga, Monferosolidario tamén sexa partícipe do manifesto
de manter os nosos dereitos e unha educación pública de calidade.
Etiquetas:
cidadanía,
educación,
estudantes
jueves, 18 de octubre de 2012
EDUCAR PARA A CIDADANÍA GLOBAL
"Educar para a cidadanía global: discursos, ferramentas e experiencias para o cambio social" é o eixo que articulou as I Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolvemento, que tiveron lugar na Facultade de Matemáticas da USC entre os días 19 e 21 de outubro de 2012. Organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, a Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento e a ONG Intervida, estas xornadas supuxeron un éxito e un punto de partida, que esperemos den os seus froitos en futuras edicións. Verónica Dopico e Yolanda Castro, coordinadoras do proxecto Monferosolidario, tiveron ocasión de presentar esta proposta de educación en valores que estase a realizar no CPI Virxe da Cela, no marco de experiencias e boas prácticas de educación para a cidadanía global en Galicia, xunto coas propostas do CRA de Ponteceso, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, o IES Campo de San Alberto de Noia, a EPAPU do Centro Penitenciario de Teixeiro, e ESF de Enxeñería Sen Fronteiras da Universidade da Coruña. Ademáis da presentación de estas experiencias de centros educativos, estas xornadas ofreceron un marco teórico, de reflexión e de debate, abordando as temáticas da Aprendizaxe-Servizo, a Educación Popular, o poder da educación para transformar a sociedade, a diganose da educación para a cidadanía global en España, os procesos de Sistematización e Avaliación, etc.
Etiquetas:
cidadanía,
educación para o desenvolvemento
lunes, 8 de octubre de 2012
VISITAMOS A EXPOSICIÓN DA FVF NA CORUÑA
O pasado venres 5 de outubro visitamos a exposición "Mulleres: a forza do cambio na India", albergada nun curioso camión que durante cinco días estivo aparcado nos xardíns de Méndez Núñez, na Coruña. Os rapaces e rapazas de 2º, 3º e 4º da ESO, repartidos en dous turnos, escoitaron as explicacións de Georgina Salvador, quen amosou a vida de sete mulleres da India que están a servir como motor de cambio e de transformación na India. Sete exemplos que ilustran os diferentes proxectos que a Fundación Vicente Ferrer está a desenvolver na rexión de Anantapur.
- Hemmavathi está a construír a súa propia casa
- Yellama ten unha discapacidade e é artesana
- KIanthamma está a emprender o seu propio negocio
- Nagamma é a lideresa comunitaria
- Vani loita contra o VIH
- Durgamma é maestra
- Likita está a formarse para ser inxenieira
Etiquetas:
Fundación Vicente Ferrer,
muller
jueves, 4 de octubre de 2012
MULLERES: A FORZA DO CAMBIO NA INDIA
Este é o título da exposición itinerante da Fundación Vicente Ferrer, e
está centrada na labor da FVF a través da mirada de sete mulleres da India
rural. A exposición está albergada nun camión indio que vai
percorrendo un total de 24 cidades españolas. O xoves 4 de outobro chega á
Coruña, sendo ás 12:00 horas a súa inauguración oficial, nos Xardíns Méndez
Núñez. Desenvolveranse actividades paralelas, como as conferencias impartidas o xoves 4 ás 19:00 no Centro Cultural Novacaixagalicia, coas intervencións de Rosa Lousa, Fundadora e propiataria de Pasndelino Bakery Shop, Montse Ortiz, coordinadora de Sensibilización da FVF e experta en cuestións de xénero e Cruz Iglesias, especialista en bioconstrución e profesora da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Tamén no Centro Sociocultural Novacaixagalicia visionarase a película "Agua" de Deepa Metha, o sábado 6 de outubro ás 18:00 horas.
Etiquetas:
Fundación Vicente Ferrer,
muller
ENCONTRO NACIONAL DE ENTRECULTURAS NO ESCORIAL
As cordinadoras de Monferosolidario reunímomos con outros docentes e voluntarios da ONG Entreculturas no Encontro Nacional que tivo lugar no Escorial os días 28, 29 e 30 de setembro. Durante estes días tivemos unha apretada axenda, asistindo a charlas, realizando obradoiros, e por suposto, deixando algún tempo para actividades máis lúdicas, como un divertido concerto de Miqueli e unha festa gastronómica degustando produtos típicos das diferentes comunidades autónomas. Entreculturas aproveitou esta xuntanza para facer o lanzamento da súa campaña "A cadeira vermella", encamiñada a buscar o respaldo para acadar algún día a escolarización deses 61 millóns de nenos e nenas que non teñen a oportunidade de asistir á escola.
miércoles, 3 de octubre de 2012
UNHA CADEIRA VERMELLA, POLO DEREITO Á EDUCACIÓN
Cada ano setembro convértese no mes no que millóns de nenos
e nenas volven encher as aulas dos colexios. Na nosa sociedade, nas nosas
familias, a volta ao cole é un acto cotián ano tras ano.
Con todo aínda hoxe en día hai 61 millóns de nenos e nenas
no mundo sen escolarizar.
Estes nenos e nenas ven vulnerado o seu dereito á educación, recollido en
numerosos tratados internacionais. Ademais, os beneficios da educación están
ampliamente recoñecidos: a educación amplía o acceso a outros dereitos e
favorece o progreso conxunto da sociedade, promove a liberdade e a autonomía
persoal e xera importantes beneficios para o desenvolvemento das persoas. Así
mesmo, a educación é un instrumento poderoso para reducir a pobreza e a
desigualdade.
Desde Entreculturas quérese dar visibilidade a todos eses
nenos e nenas e aproveitar a volta ao cole para crear conciencia desta realidade.
A campaña "A cadeira vermella", unha
cadeira para 61 millóns de nenos e nenas que non poden ir ao colexio",
anima a todos os colexios a colocar en cada unha das súas aulas unha cadeira
vermella. Este elemento alerta de todos eses nenos e nenas que non poden ir ao
colexio e que ven vulnerado o seu dereito á educación.
A educación é un dereito de todos os nenos e nenas do mundo.
É un investimento de futuro que lles abrirá as portas a unha ampla gama de
posibilidades de desenvolvemento ao longo da súa vida.
Etiquetas:
Entreculturas,
igualdade,
logotipo monferosolidario,
rede solidaria,
solidariedade
domingo, 16 de septiembre de 2012
Comeza o novo Curso Escolar 2012-2013. Desde Monferosolidario dámosvos a
benvida a todos e todas.
Seguramente moitos viredes con novas ideas e propósitos para esta nova andaina.
Tamén con novas forzas despois do verán. Esperamos que o comezo sexa bo para
tod@s e que todas esas novas ideas e propósitos teñan cabida ao longo do curso.
Por iso, a todos, pais e nais, mestres e mestras,profesores e profesoras e, en especial, a todo o noso alumnado
FELIZ CURSO 2012-2013!
viernes, 29 de junio de 2012
ENTREGA DE DIPLOMAS MONFEROSOLIDARIO
Nunha emotiva xornada de despedidas, e qué mellor este último día de clase para recoñecer o traballo de alumnos/as e profesores/as que colaboraron activamente para facer este xa o noso proxecto de vida: Monferosolidario. Son tempos de crise, e aínda que non teñamos cartos para mercar regalos que ben merecerían todos aqueles que puxeron o seu grao de area, si houbo un diploma de acreditación, algunha chuche e algún pequeño agasallo...
-Todos os/as participantes da actividade "Pasaporte Solidario" recibiron un diploma, e ademais premiouse a varias aulas coas mencións de "Aulas Solidarias": as clases de infantil e a de 1º de primaria polo seu traballo coordinado polas titoras; e a clase de 5º de primaria por levar a cabo iniciativas que partiron de propio alumnado, como a organización dunha exposición de libros solidarios.
-En relación ao proxecto "School to School", en colaboración coa Fundación Vicente Ferrer, houbo premios e diplomas para as clases de 1º de primaria, de 3º de primaria e de 3º da ESO pola elaboración de materiais didácticos para enviar á escola Konampalli, na India; e tamén diplomas individuais aos alumnos/as de 4º da ESO pola súa implicación e responsabilidade á hora de preparar e impartir unha charla sobre "A contorna natural onde traballa a Fundación Vicente Ferrer" e pola campaña se sensibilización sobre o Rastro Solidario.
-Quixemos tamén dar os nosos parabéns aos alumnos/as e á profesora de 1º de primaria pola súa implicación coa escola da India, resumida nunha sinxela frase e unha evocativa imaxe que gañou o Premio de Cooperativismo no Ensino.
Premio de Cooperativismo no Ensino
3º de ESO recolle o diploma STS
Alumnado de secundaria recollendo o diploma "Pasaporte Solidario"
Etiquetas:
diplomas,
FVF,
Pasaporte Solidario.,
School to Shool
jueves, 14 de junio de 2012
O CAMIÑO, ENTRE TODOS, É MOITO MÁIS SINXELO

Parabéns aos rapaces e rapazas de 1º de primaria do CPI Virxe da Cela e á súa profe Camino. Con esta fermosa frase e a través dunha fermosa imaxe nos mostran que estendendo a axuda mutua é unha ferramenta moi valiosa. Imaxe e texto ilustran o traballo que estiveron a facer durante todo o curso académico cos nenos e nenas da escola Konampalli, na India, a través do proxecto "School to School", da Fundación Vicente Ferrer. Este intercambio cultural e de tradicións foi recoñecido e galardonado no Certame de Cooperativismo no Ensino, levando o premio na categoría de educación primaria.
domingo, 10 de junio de 2012
SOMOS: UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO
A unión fai a forza, e de momento, xa SOMOS máis
de tres millóns de persoas dispostas a cambiar o mundo. Así nace SOMOS, unha
iniciativa que agrupa a numerosas ONGs coa finalidade de fomentar a
solidariedade na sociedade na que vivimos, e para recoñecer todo o que os
colaboradores das ONGs facemos día a día.
Monferosolidario leva mostrando o seu compromiso
día a día durante catro anos consecutivos, e o día de hoxe, venres 8 de xuño de
2012, queremos mostrar a todo o mundo que podemos dar a volta ás cousas.
Deixamos a nosa testemuña a través dos retratos de rapaces e rapazas de 2º da
ESO, que decidiron exhibir unha prenda de vestir ao revés, sumándose a este
soño de cambiar o mundo e de dar volta ás cousas.
martes, 22 de mayo de 2012
CARTA A PAVANI
Como todos sabedes, o noso centro leva tres anos colaborando coa Fundación Vicente Ferrer. Son moitas e diversas as actividades asociadas a esta causa: charlas de sensibilización, intercambio con outra escola da India, obradoiros, donativos para investimento en proxectos que a Fundación está a desenvolver no distrito de Anantapur, etc. Unha destas iniciativas partiu directamente do alumnado de 4º da ESO, que tras escoitar unha charla impartida por Lancy Dodem, o primeiro neno apadriñado pola FVF, e que agora de adulto visita os centros escolares contando o cambio que deu a súa vida desde que tivo a sorte de ser beneficiario dun programa de apadriñamento. Conmovidos polo seu relato, os rapaces/as de 4º da ESO decidiron ser un eslabón máis da cadea, dando o paso de apadriñar a unha nena, Pavani. Agora lle envían unha carta para que esta nena da India os coñece un pouco máis, xa que pasaron a formar parte da súa vida.
Etiquetas:
apadriña un neno,
Fundación Vicente Ferrer
SOLIDARIOS COA COCIÑA ECONÓMICA
O CPI Virxe da Cela acaba de recibir unha carta da Cociña Económica de Ferrol expresando o seu agradecemento pola entrega dun donativo en especie. Este donativo foi efectuado no pasado mes de abril, e consistía nun lote de paquetes de arroz e unha caixa de vexetais. O comedor escolar do noso centro destinou estes alimentos que tiña como excedente a un fin benéfico, unha sinxelo xesto de solidariedade en estes tempos de crise. O número de usurarios da Cociña Económica de Ferrol e de outros comedores sociais multiplicouse nestos últimos meses. Desde fai tres anos o CPI Virxe da Cela organiza a Operación Quilo, unha campaña de sensibilización que ten como resultado a recollida de alimentos non perecedeiros para donar a esta institución benéfica de Ferrol.
martes, 15 de mayo de 2012
O COOPERATIVISMO: UNHA ALTERNATIVA
O obradoiro sobre traballo cooperativo realizado no CPI Virxe da Cela o pasado venres11 de maio de 2012 tivo un grande éxito entre o alumnado de 3º e 4º da ESO. A intención desta actividade é asesorar e guiar na elaboración de proxectos para o Certame de Cooperativismo no Ensino. Os rapaces e rapazas reforzaron as súas habilidades para traballar en equipo, e comprobaron que enriquecedor resulta compartir as ideas. Reflexionaron, debatiron, fixeron votacións, e tamén experimentaron coas dinámicas propostas por Xurxo e Brais, os mozos encargados de impartir o obradoiro.
jueves, 10 de mayo de 2012
COOPERAMOS
O programa "Cooperamos 2012", organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais e o Consello Galego de Cooperativas ten a finalidade de facilitar a realización de actividades de promoción do cooperativismo. O alumnado de 1º e 2º ciclo de primaria do CPI Virxe da Cela está a recibir asesoramento e apoio técnico para a elaboración dun traballo para participar no Certame "Cooperativismo no Ensino". Este asesoramento inclúe obradoiros e dinámicas, nas que os nenos e nenas reflexionarán sobre o traballo cooperativo, descubrindo a súa potencialidade. Durante toda a mañá do xoves 10 de maio, a biblioteca escolar convertirase nun espazo para o xogo e para a reflexión.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










