O 25 de abril visitamos
o Congreso de Innovación na Formación Profesional que organiza a A Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Cidade da Cultura de Galicia.
O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO puido gozar dunha magnífica
ocasión para coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional a
través da visualización en directo de diferentes proxectos de innovación e de
proxectos empresariais de mini-empresas que institutos de secundaria e centros integrados
de FP puxeron en marcha.
Ademais puideron experimentar en primeira persoa as novas
tecnoloxías, coa participación nos obradoiros que se desenvolven de robótica (robótica
colaborativa), impresión 3D (montaxe e funcionamento de impresoras 3D),
electrónica, fabricación de drons, madeira, artes gráficas, estética,
hostalaría ou industrias alimentarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario