Este ano baixo o lema “A educación o camiño cara á paz. Deixa a
túa pegada!”, queremos visibilizar a situación da educación en contextos de
conflito e emerxencia, destacando o papel fundamental da educación como a única
forma de acabar coa intolerancia e a violencia tanto nas contornas educativas
como no conxunto da sociedade, e como ferramenta imprescindible para favorecer
unha resolución pacífica dos conflitos e promover unha cultura de paz.

A educación, unha ferramenta para a construción de paz

No caso de España, a educación é
fundamental para que os menores sexan conscientes das realidades que vive a
infancia noutros contextos, para que recoñezan e eviten actitudes como o
racismo e a xenofobia e recoñezan o valor da diversidade mediante a comprensión
e o coñecemento. En definitiva, o acceso
á educación constitúe unha poderosa ferramenta para construír sociedades
capaces de resolver os seus conflitos de maneira pacífica, tanto naqueles
países que xa ven afectados por este tipo de situacións como nos que, como
España, convértense en lugares de acollida.
Prepárate para ser activista!
Deixa A túa Pegada!
Aquí
podes atopar as unidades didácticas para traballar a Campaña deste ano.
file:///C:/Users/Yolick/Desktop/SAME%202018/Unidade%20Did%C3%A1ctica%20en%20Galego.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario