Co obxectivo de axudar ao alumnado a tomar as súas propias decisións, de guialo
no seu proceso de autocoñecemento e de proporcionarlle información sobre
diferentes estudos, o departamento de orientación organizou o venres, 6 de
abril, unha mesa de experiencias onde ex-alumnos: Antonio González (estudante de Historia na USC), Sergio García (estudante de 1º de Bacharelato no IES de As
Mariñas), ex-alumnas: Lorena Varela (xa traballando despois de cursar o ciclo superior de
automatización e robótica industrial), Anaís Buyo (estudante de Educación
Infantil na UDC), Ana Pena (estudante de 1º
de Bacharelato no IES As Mariñas) e Julián Gómez (mestre de
primaria do CPI) relataron a experiencia do seu itinerario académico
e profesional ao alumnado de 3º e 4º de ESO, cursos onde o alumnado comeza a definir o seu
proxecto dun modo máis ou menos claro.
Grazas aos participantes na mesa polo relato da súa
experiencia persoal, porque aínda que “non son expertos” como di Lorena no seu
comentario, as súas vivencias enriquecen e abren inquietudes nos alumnos e
alumnas que están a piques de tomar decisións importantes.
Un pracer contar coa súa presenza de novo no
centro.
"Sempre gusta voltar ao lugar onde un foi feliz... E isto digoo despois de que o venres pasado a varios dos meus ex-compañeiros do ''cole do Xestal'' e máis a min nos convidaran a falar cos actuáis alumnos de 3º e 4º da ESO, para contarlles como foi a nosa vida ao sair da secundaria. Non somos expertos nin podemos decidir o que cadaquén vai ser nesta vida, pero nunca está de máis coñecer a experiencia doutras persoas para afrontar esta etapa coa maior seguridade posible. Non hai que ter medo ao cambio nin a madurar, é bonito aprender e formarse, pero aínda o é máis ver como pouco a pouco vas conseguindo todo o que te propós. Espero que os que estivéstedes nesa mesa de ex-alumnos, sepades coller as cousas boas que vos intentamos transmitir e que vos sirva para os próximos anos".
Un saúdo dunha rapaza con moita morriña! . Lorena Varela
Lorena
Julián
Antonio
Anaís
Sergio
Ana
No hay comentarios:
Publicar un comentario