Liberdade vivía nun país no que todos os nenos e nenas ían ao colexio e non lles faltaba de nada, pero os seus pais e nais estaban todo o día traballando e non tiñan tempo para estar con eles, así que ela pasaba todo o día soa. Por iso un día a nosa amiga colleu a súa mochila e púxose a recorrer un camiño longo e verde na procura dun mundo mellor. No seu percorrido foi atopando outros nen@s que...
Queredes saber como remata a historia?. Pois convidámosvos a asistir ás sesións de contacontos na que o alumnado de 2º da ESO narrará a súa aventura.
A convocatoria será na Aula de Usos Múltiples a vindeira semana, como unha actividade para conmemorar o Día dos Dereitos dos Nen@s.
Esperámosvos!!!
Esta é unha proposta do Departamento de Relixión do noso centro.
Que bonito,es un buen ejemplo
ResponderEliminar