A construción dun mundo marabilloso é unha das utopías máis soñadas pola humanidade, unha idea moi difícil de alcanzar. Nembargantes, o grande logro é ir da man nesa procura, unha viaxe onde os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela (Monfero) e CPI Conde de Fenosa (Ares) uniron os seus esforzos e deron corpo as voces silenciadas de milleiros de nenos e nenas en todo o planeta que, aínda no ano 2014, non teñen acceso aos dereitos máis básicos do ser humano.
O venres 21 de novembro, o día posterior á celebración oficial do Día dos Dereitos da Infancia, todo o alumnado do CPI Virxe da Cela foi convocado no espazo de usos múltiples do centro, e dividíndose en dúas quendas, coñeceron unha fermosa historia protagonizada por Liberdade, una rapaza que decide saír a facer unha longa viaxe para cambiarlle a cara ao planeta tan triste onde vive, e que, soamente mediante a unión de todos os compañeiros/as que vai atopando polo seu camiño, logra o compromiso de todos os países para defender os dereitos da infancia. É, nin mais nin menos, a metáfora da aprobación da Declaración dos Dereitos da Infancia de maneira unánime polos 78 estados membros da ONU, o 20 de Novembro de 1959.
Queremos dar as grazas en especial á profesora de relixión Yolanda Castro, responsable desta actividade, e ao alumnado de 2º da ESO, encargado de narrar a historia “Na Procura dun Mundo Marabilloso”. Repartidos en parellas e en grupos, explicáronlles aos máis pequenos/as o por que da celebración desta data tan importante, narraron o longo camiño recorrido por Liberdade, repartiron un pequeno agasallo a todos os asistentes (a silueta dunha man que contén un dereito fundamental), dinamizaron a actividade cun simpático xogo de pasapalabras e puxeron un artístico e divertido punto final e despedida mediante un baile colectivo. Non nos queda máis que recordar a todos que estas datas sinaladas son para celebrar os 365 días do ano!!!
Me encanta que este colegio (donde estoy) sea tan solidario y esta aciendo muchas acciones que a lo largo del tiempo que serán muy importantes y que son importantes
ResponderEliminarPareceume unha idea xenial o de inventar un conto pensando nos nenos.
ResponderEliminarPor que os dereitos dos nenos e nenas son moi importantes,e de esta maneira axudarán desde pequenos.
Grazas por axudar
Esta idea de facer un conto para lembrarlles aos máis pequenos o importantes que son os dereitos humanos pareceme xenial xa que a si se acostuman a traballar con esto dende pequenos .
ResponderEliminarA idea de crear un conto sobre os dereitos humanos é xenial .ARRIBA DEREITOS!!!
ResponderEliminar