viernes, 28 de noviembre de 2014

ELABORANDO PULSEIRAS SOLIDARIAS

     Parabéns ao alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela!!! Está claro que traballar en equipo da moi bo resultado. Con vistas á próxima celebración do Día Internacional do Voluntariado (venres 5 de decembro), estableceuse unha comisión que está encargada da elaboración de pulseiras solidarias. Día tras día, no horario de recreo, estes rapaces e rapazas xúntanse na entrada do edificio de secundaria, onde teñen habilitada unha enorme mesa, e alí colocan todos os materiais necesarios: basicamente fíos de cores e tesouras, e moitísimas ganas e ilusión para levar a cabo a tarefa. Son moitos os curiosos que alí se achegan e que case sempre acaban uníndose e esta iniciativa. E, ademais de pasalo ben charlando uns con outros e aprendendo a facer este tipo de artesanía, o seu traballo terá consecuencias positivas noutros ámbitos. As pulseiras estarán á venda e os cartos recadados serán destinados á Cociña Económica de Ferrol, facendo unha humilde contribución que terá repercusión nos fogares de algunhas familias que están atravesar unha difícil situación económica na actualidade.








No hay comentarios:

Publicar un comentario