martes, 24 de enero de 2023

PARTICIPACIÓN INFANTIL NOS DEREITOS DA INFANCIA

No ano 2022 o CPI Virxe da Cela participou nunha actividade dentro do proceso participativo polos dereitos da infancia da Plataforma de Infancia. A Fundación  Ayuda en Acción visitou nesa ocasión o noso centro escolar coa intención de dar a coñecer ás nenas e nenos o dereito a Participación Infantil. As opinións e propostas achegadas por todos os grupos de infancia que participaron, entre os que estamos nós, foron recollida no documento que se presenta neste blog. Este documento será remitido ás persoas responsables das políticas de infancia en Galicia, a todos os grupos de participantes e amosado en RRSS, coa finalidade de crear unha cultura favorable á escoita dos nenos, nenas e adolescentes.

Sistematización Propostas Proceso Participativo - Dereitos Da Infancia 2022 by veracruces on Scribd

GUÍA-DE-ACTIVIDADES-2022-GALLEGO by veracruces on Scribd

viernes, 20 de enero de 2023

SEGUNDO OBRADOIRO "EDUCATION4THEPLANET"

Imaxinádesvos que sentiriades se tiverades que deixar atrás a vosa casa, familia, terra, debido a unha emerxencia climática? Isto é o que lles pasa a diario a milleiros de refuxiados en todo o planeta e se por un momento nos puxéramos na súa pel tal vez seríamos capaces de mudar a nosa forma de vida para coidar o noso planeta e evitar estas situacións tan dolorosas. 

Poñerse na pel do outro é o que fixeron os rapaces e rapazas da ESO neste segundo obradoiro do proxecto "Education4ThePlanet", impartido pola técnico Cristina Otero. A Fundación Ayuda en Acción busca a través desta iniciativa a sensibilización, a reflexión crítica e a mobilización da mocidade galega. 

    "Temperaturas extremas, aumento do nivel do mar, sequía, desertización, entre moitas outras, son as consecuencias que estamos a sufrir derivadas do cambio climático. Education4thePlanet trata de poñer en funcionamento boas prácticas entre a xuventude para mitigar o desgaste do noso planeta, e así asegurar a calidade de vida de todos os seres vivos que habitan nel. A través deste proxecto, Ayuda en Acción está a traballar con todo o alumnado de Educación Secundaria do centro, para xerar unha nova conciencia de cara ao coidado do noso planeta. É necesario concederlle espazo e aprendizaxes ás novas xeracións ao redor da emerxencia climática, xa que son un dos segmentos poblacionais que máis oportunidades ten de cara a xerar cambios. Este proxecto está composto por diferentes actividades, as cales seguen un orden lóxico na súa implementación ao longo de todo o curso escolar. Obradoiros formativos relacionados coa emerxencia climática, as migracións polo clima e o activismo medioambiental, rutas de senderismo, recollida de residuos, diagnósticos do impacto ambiental, informes de boas prácticas, etc. son as diferentes actividades a través das cales o alumnado da ESO estáse a convertir en axentes de cambio no rural. Para Ayuda en Acción é necesario contar con toda a población galega, especialmente trata de aumentar os esforzos nas zonas rurais co obxectivo de fomentar a participación activa da rapazada, outorgándolles todas as oportunidades e coñecementos para acadalo.“Education4thePlanet: o bo camiño cara a Axenda 2030”, é un proxecto financiado pola Xunta de Galicia, mediante a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea – Cooperación Galega". Cristina Otero






martes, 17 de enero de 2023

FLOWERS CORUXOU S.L: INICIATIVA SOSTIBLE PREMIADA NO CONCURSO I-COMERCIO

 



O podcast “Flowers Coruxou S.L”, realizado por catro alumnos/as de 3º da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero), resultou premiado no concurso I-Comercio: Idea o teu comercio!, unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca achegar á mocidade ao comercio de proximidade e traballar nunha idea pioneira e innovadora que contribúa ao desenvolvemento da contorna e que sexa respectuosa co medio ambiente. 
O luns 16 de xaneiro de 2023 acudiron ao acto de entrega dos premios que tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, acompañados polas súas profesoras de Ciencias Sociais e Educación Dixital, encargadas da supervisión da proposta. "Flowers Coruxou S.L." é unha idea de negocio floral no que se conxugan tradición e modernidade, presentada en formato radiofónico. 

LIGAZÓN Á NOTA DE PRENSA



jueves, 22 de diciembre de 2022

Mercadillo Solidario

Outro ano máis, levando a cabo a Aprendizaxe e Servizo, buscouse dende as áreas de Valores e Proxecto Competencial de Educación Infantil e Educación Primaria, e, dende a área de Reli de Infantil e Primaria, colaborar cunha protectora de animais: a protectora Cometa (organización sen ánimo de lucro para a protección dos animais da comarca de Ferrolterra). 

Para facelo, dende estas materias, elaboráronse manualidades que posteriormente puxéronse a venda no Mercadillo Solidario. Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa contan con 260 euros para alimentar e coidar aos animais do refuxio. Representantes da Asociación Cometa viñeron recoller a recadación total do mercadillo. 

 

FESTIVAL NADAL 22 DECEMBRO 22

 Compartimos con toda a comunidade educativa unha mostra do material audiovisual que ilustra o Festival de Nadal levado a cabo no CPI Virxe da Cela o pasado xoves 22 decembro 2022, de 10:00 a 12:00 horas. Foron moitos e variados os números musicais e actuacións varias das diferentes aulas e cursos, e agradecemos tanto a implicación e compromiso do alumnado participante como do esforzo de todos os profesores/as e colaboradores que guiaron aos rapaces e rapazas a levar a cabo este festival.






















martes, 20 de diciembre de 2022

VISITA DOS MAIORES DO CENTRO DE DÍA DO XESTAL

O prometido é débeda. Despois da visita que recibiron o mércores 14 de decembro os maiores do Centro de Día do Xestal por parte do alumnado de 2º da ESO. Un pequeno grupo de homes e mulleres de avanzada idade, que son usuarios do Centro de Día do Xestal, viñeron o martes 20 de decembro de 2022 acompañados de varios cuidadores a visitar o CPI Virxe da Cela e compartir unha entrañable charla co alumnado de 3º e 4º de primaria. Foi un intercambio de experiencias e un momento moi importante para estes maiores, que transmitiron moitísima información valiosísima ás xeracións máis novas.

viernes, 16 de diciembre de 2022

PRIMEIRO OBRADOIRO EDUCATION 4 THE PLANET

     Cristina Otero Correa, de Fundación Ayuda en Acción, visita o noso centro o venres 16 decembro 2022 para impàrtir na biblioteca escolar o primeiro dos obradoiros do proxecto "Education4ThePlanet" para alumnado 1º, 2º, 3º, 4º ESO. 

     "Education4ThePlanet: o bo camiño cara a Axenda 2030" é o título deste proxecto que chega ás aulas do CPI Virxe da Cela da man de Fundación Ayuda en Acción. A Fundación Ayuda en Acción aposta pola loita contra a emerxencia climática, xa que a degradación do medioambiente ten graves impactos negativos de carácter enconómico e social, que cada vez serán máis graves a nivel global e local se non se actúa de maneira urxente e conxunta. 

     O proxecto "Education4ThePlanet" establece como obxectivo xeral fomentar unha mocidade activa en Galicia, que contribúa na loita contra a emerxencia climática e ao cumprimento dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, desde a transformación de actitudes propias e a promoción da sensibilización da súa contorna. O proxecto fará especial fincapé en actividades que permitan a transformación dos hábitos de consumo dos mozos e mozas galegos a traavés dunha serie de actividades de sensibilización, formación, conciencición, mobilización e incidencia política. Este proxecto céntrase particularmente na provincia de A Coruña en ámbito rural (municipios de Monfero e Irixoa) e urbano (cidade de A Coruña). 





miércoles, 14 de diciembre de 2022

VISITA AO CENTRO DE DÍA DO XESTAL

Os/as rapaces/as  de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela, acompañados/as polas súas profesoras de Relixión e Valores Éticos, visitaron o Centro de Día do Xestal para ofrecerlles aos maiores unhas panxoliñas e desexar unha Feliz Navidad (mércores 14 decembro 2022).






martes, 13 de diciembre de 2022

Reis Magos de VERDADE

 

Este Nadal continuamos coa iniciativa que comezamos o curso pasada colaborando coa asociación "Reis Magos de Verdade". Este curso todo o alumnado de educación infantil, así como o alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria participaron nesta iniciativa da man de Alba,  Camino como mestras de Valores e de Cris Rabuñal.

Recordemos que esta asociación busca que ningunha persoa quede sen agasallos nestas festas. Neste caso, a nosa pequena colaboración foi enfocada cara dúas usuarias da Residencia García Hermanos de Betanzos: Guadalupe e María.

O alumnado, trala lectura das súas cartas implicouse en todo o proceso: dende a elección dos agasallos, a preparación de postais, debuxos e manualidades ou incluso no pintado e personalización do papel de regalo.
Bo Nadal María e Guadalupe!

miércoles, 7 de diciembre de 2022

IV CONCURSO DE CIENCIA LUÍS GUSTAVO RODRÍGUEZ TABOADA

O IES LAXEIRO organiza por cuarto ano consecutivo o IV CONCURSO DE CIENCIA LUÍS GUSTAVO RODRÍGUEZ TABOADA, dirixido a estudantes da ESO, BACHARELATO e CICLOS e que busca achegar a ciencia ás nosas mozas e aos nosos mozos, que se interesen e desfruten dela. O tema desta nova edición será a EFICIENCIA E AFORRO ENERXÉTICOS. É o momento de implicar ao alumnado nun tema tan crucial para o noso futuro e o futuro do planeta coma este. O concurso será fotográfico, o alumno deberá enviar unha fotografía ou secuencia de 2 a 4 fotografías e unha breve explicación do que nos quere mostrar. Pedimos a colaboracion do seu centro para a difusión e fomento deste concurso. Moitas grazas pola colaboración.

IV Bases Convocatoria by veracruces on Scribd

viernes, 2 de diciembre de 2022

O GLOBO: SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA

 Solidariedade Internacional de Galicia teN en marcha o proxecto O Globo, unha ferramenta pedagóxica que visibiliza e fomenta a participación social e que ten o fin último de formar nos coñecementos, habilidades e valores necesarios para exercer a cidadanía mundial e o desenvolvemento sostible.

O Globo xira en torno a “microexperiencias de transformación social”. Trátase de iniciativas socioeducativas que se organizan segundo a tríada: luces (investigar), cámara (analizar criticamente) e acción (actuar), que pretenden contribuír a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), a través das diferentes temáticas que se poden traballar.


Dende o pasado curso escolar, para traballar baixo esta metodoloxía cos centros educativos a través do profesorado, púxose en marcha unha formación (homologada pola Consellería de Educación), xa que esta metodoloxía pode ser utilizada nas aulas como estratexia didáctica.  Para iso realizaremos unha formación ao profesorado (neste enlace podes ver a información Formación curso 2022/2023), coa idea é que vós, profes, asistades á formación para facer despois unha micro-experiencia co voso alumnado, por suposto acompañadas polas educadoras de Solidariedade Internacional de Galicia, axudándovos en todo o que precisedes. A formación é Homologable pola Consellería de Educación.


Por si queres mirar traballos doutros anos e inspirarte, neste enlace podes ver as Microexperiencias do curso pasado.


Comentarche que ademais, O GLOBO realiza un encontro anual onde os centros de ensino, as ONG e outros colectivos sociais nos xuntamos e intercambiamos aprendizaxes, reflexionamos e construímos cidadanía global. Neste enlace podes ver o IV Encontro, celebrado o pasado mes de xuño IV Encontro. Encontro que sempre é motivador para o alumnado e tamén para as/os profes




lunes, 28 de noviembre de 2022

DEREITOS DA INFANCIA NO CGAC (SANTIAGO)

O alumnado de 6º EP do CPI Virxe da Cela participou na conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, un acto organizado pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta, que tivo lugar o pasado 21 de novembro de 2022 no Centro Galego de Arte Contemporánea (Santaigo de Compostela). 

Os/as rapaces/zas de 6º EP proxectaron un vídeo no que explicaban o dereito á igualdade e a non discriminación. Quixeron, asemade, subir ao escenario para resaltar a importancia de que ningún neno ou nena se sinta discriminado/a polo simple feito de selo. 


viernes, 25 de noviembre de 2022

XORNADA DE INTERCAMBIO DE PRÁCTICAS A TRAVÉS DE AYUDA EN ACCIÓN

 A directora e a orientadora do noso centro participaron las xornadas organizadas pola Fundación en Ayuda en Acción que levan o título "Jornada de intercambio de prácticas para una transición exitosa de primaria a secundaria" e que tiveron lugar o 22 de novembro de 2022 en Alicante. 

Jornada Transicion Alicante by veracruces on Scribd