viernes, 25 de noviembre de 2022

CONMEMORACIÓN DO 25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    Hoxe, venres 25 de novembro de 2022, conmemoramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Profesorado e alumnado das tres etapas educativas reunirémonos no recreo para levar a cabo un acto simbólico no que o alumnado do centro comparta as súas pancartas, collages e e outros  materiais con lemas contra a violencia de xénero.”

    Ademais, durante estes últimos días realizáronse diferentes actividades de sensibilización nas aulas e titorías, elaborouse un video coxunto, un podcast radiofónico e organizouse unha exposición con paneis e bibliografía específica na Biblioteca Castelao. 










miércoles, 16 de noviembre de 2022

FORMACIÓN EN CLIPMETRAXES CON MANOS UNIDAS

    A través da ONG Manos Unidas o alumnado de 5ºEP, 6ºEP e 1ºESO vai participar no Festival de Clipmetraxes que promove esta asociación. Este 16 e 17 de novembro, Paco Raigón (técnico de Manos Unidas), acompañounos para impartir uns obradoiros co título  "Día Mundial para Erradicación da Pobreza" e así preparar os esbozos dos nosos proxectos.

    Na primeira sesión afondamos no significado dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS); por exemplo, estivemos analizando a orixe e o impacto da elaboración do noso almorzo, os cereais cos que se eleboran o pan, as galletas ou os cereais que almorzamos, indirectamente contaminan, xeran pobreza e desigualdade ao ser importados doutros países.

    A partir dese punto, analizamos o que poderíamos facer para evitar esa pegada, como por exemplo consumir en comercio local, non tirar comida, ser responsables co consumo de auga, empregar transporte público...

    Na segunda sesión, profundizamos no guion do noso proxecto a partir do aprendido na sesión previa, sempre tendo presente o obxectivo da Clipmetraxe: os ODS e non desperdiciar auga e alimentos.

















martes, 15 de noviembre de 2022

jueves, 10 de noviembre de 2022

OBRADOIROS SOBRE IGUALDADE

Este xoves 10 novembro o todo o alumnado de educación infantil e de educación primaria, tivo a oportunidade de participar nunhas sesións informativas sobre a Igualdade. En cada un dos obradoiros, adaptados ao nivel de cada un dos ciclos, traballáronse aspectos como os estereotipos dos xoguetes ou da roupa, os roles de xénero coñecidos e aprendidos nas interaccións familiares, diferencias entre feminismo, hembrismo e machismo...



















miércoles, 9 de noviembre de 2022

PROPOSTA 25 N

 

25N by veracruces on Scribd

SENTIR, ACTUAR E MEDRAR NAS REDES

O alumnado de 6º curso recibirá unha charla sobre adición e perigo nas redes soicias o mércores 9 de novembro de 2022. A charla leva por título "Sentir, Actuar e Medrar nas Redes", e será  impartida por Patricia Gómez Salgado, doutora en Psicoloxía e que forma parte do grupo de traballo da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da USC, onde desenvolveu a súa tese titulada "O uso problemático de Internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes galegos" Será, online a través de Afundación TV  e terá lugar na aula da clase.









viernes, 4 de noviembre de 2022

PROPOSTAS DE CARTEIS DA PAZ PARA O CONCURSO DO CLUB DE LEONES

Amosamos aquí as propostas do alumnado de 1º da ESO ilustrando o lema "Liderar con compasión", temática coa que este ano o Club Internacional de Leones lanza unha nova edición do Concurso Cartel da Paz 2022. 

Hecho con Padlet

miércoles, 2 de noviembre de 2022

VISITA DE ENTRECULTURAS AO CPI VIRXE DA CELA

O mércores 2 de novembro de 2022 contamos no noso centro coa visita de Estefanía Franco, técnica da Fundación Entreculturas,  para impartir  unha charla sobre a Rede Solidaria de Mocidade Entreculturas ao alumnado de 1º, 2º e 3º ESO. Con esta actividade temos o obxectivo de reactivar a Rede Solidaria e formar un grupo de alumnos/as que queran seguir mantendo este proxecto que durante xa máis dunha década foi todo un signo de identidade do noso centro e que nos últimos anos foise debilitando por diferentes motivos (un deles, sen dúbida, foi a interrupción de encontros presenciais debido á Covid-19.)  Durante dúas sesións lectivas (de 12:35 a 14:15) Fani transmitiu aos rapaces e rapazas todo o seu entusiasmo, explicando en que consiste a Rede Solidaria, que pasos hai que seguir para iniciarnos nela, e  todas as cousas que nos pode aportar. Houbo tempo de visionar videos dos Encontros Globais da Rede Solidaria en Madrid, de repasar no noso blogue Monferosolidario algúns momentos históricos, como foi a celebración de dúas asambleas da Rede Solidaria no CPI Virxe da Cela, e incluso de realizar dinámicas e xogos, como un escape room utilizando dispositivos móbiles para reflexionar sobre temas tan importantes como o coidado do medio ambiente. 

Aproveitando esta visita e charla quixemos inaugurar unha exposición sobre a traxectoria de Monferosolidario vinculada á Fundación Entreculturas. Podedes ver nos corredores de educación secundaria varios paneis expositivos con carteis, crónicas, reportaxes fotográficas, así como unha colección de materiais didácticos publicados por Entreculturas

Esperemos que neste curso 2022-2023 a Rede Solidaria de Mocidade Entreculturas poda enraizar de novo entre os nosos mozos e mozas, aportándonos ferramentas para construír un mundo mellor. 

















martes, 25 de octubre de 2022

ASAMBLEA DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

Terá lugar o vindeiro sábado 5 de novembro de 2022 no IES Campo de San Alberto, en horario de 10:00 a 16:30.

Cartel Asamblea 22_23 by veracruces on Scribd

VENTANA SOLIDARIA A FAVOR DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Informamos a toda a comunidade educativa de que o vindeiro venres 4 de novembro 2022 terá lugar unha cea de gala coa denominación "Ventana Solidaria" nas instalacións de Palexco (A Coruña), co obxectivo de impulsar a construción de vivendas para familias vulnerables nunha aldea de Anantapur (India) a través da Fundación Vicente Ferrer. 




Presentación Ventana Solidaria 2022 by veracruces on Scribd

viernes, 21 de octubre de 2022

VIII XORNADAS DE EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL. CURRÍCULO E ACCIÓN SOCIAL PARA A TRANSFORMACIÓN

Dende Solidariedade Internacional de Galicia e o grupo de investigación ECIGAL vos convidamos a participar nas “VIII Xornadas de Educación para a Cidadanía Global. Currículo e acción social para a transformación”. A Educación para a Cidadanía Global  entra con forza na nova lei educativa e é esta unha oportunidade para formarnos e dialogar. Tamén, fóra da escola, destaca como estratexia transformadora na promoción do necesario cambio social.

 Dirixido a profesorado de todas as etapas educativas (infantil, primaria, secundaria, formación profesional e universidade) así como alumnado universitario das titulacións de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Social, ademáis de persoal técnico e/ou voluntario de diversas entidades, ONGs e colectivos sociais interesados en traballar esta temática.

Serán o 9 de novembro, na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Elviña) da Universidade da Coruña. Nas mesmas daránse a coñecer diferentes prácticas de ECG transformadoras e se realizará un obradoiro específico, dinamizado pola entidade Madre Coraje, que nos dará orientacións sobre como incorporar a educación para a cidadanía global no currículo escolar. As xornadas serán de mañá e tarde, pero pódese participar nunha soa quenda. Certificado de 4 horas de formación por asistencia na Xornada da mañá, e 8 horas de formación pola asistencia completa.

Máis información e inscricións de balde na seguinte ligazón: 

https://www.ecigal.gal/es/xornadas-inscrici%C3%B3n

VIII Xornadas de Educación Para a Cidadanía Global Currículo e Acción Social Para a Transformación by veracruces on Scribd

miércoles, 5 de octubre de 2022

"UN MUNDO MELLOR" COA FUNDACIÓN VICENTE FERRER

 "Un mundo mellor" da nome ao proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrer, que levaremos a cabo durante o presente curso académico 2022-2023. A través deste intercambio de cultural e de tradicións cunha escola da India (Konampalli School) afondaremos sobre problemáticas do mundo actual e trataremos de buscar solucións. Un ano máis varios ciclos, niveis e departamentos do CPI Plurilingüe Virxe da Cela uniranse para traballar colaborativamente desde e para a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global, coa finalidade de construír un mundo mellor. 


Un Mundo Mellor Galego by veracruces on Scribd

Guion Un Mundo Mellor Galego by veracruces on Scribd

Cap 5 Clip 1 El secreto de Vicente Ferrer from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

Cap 5 Clip 2 Riqueza y pobreza from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

Cap 5 Clip 3 La importancia de la igualdad from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

Cap 5 Clip 4 De dónde viene lo que compramos from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

Cap 5 Clip 5 Comercio justo y consumo responsable from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

Cap 5 Clip 6 creemos un mundo mejor from Fundación Vicente Ferrer on Vimeo.

OBRADOIRO DEREITOS INFANCIA DA FUNDACIÓN AYUDA EN ACCIÓN

A Fundación Ayuda en Acción, coa que levamos xa anos colaborando, oferotu varios obradoiros ao alumnado de  3º, 4º, 5º e 6 de EP centrados nos  “Dereitos da Infancia”. Con esta iniciativa preténdese favorecer a participación do alumnado na toma de decisións co fin de elevar a voz de nenos e nenas e asegurar que as súas demandas cheguen aos responsables do deseño e a execución das políticas que lles afectan. 

A proposta que se lle fixo chegar ao alumnado de 3º a 6º foi en primeiro lugar pensar cal é o proceso de toma de decisións, que pasos hai que facer para que se teña en conta a opinión de todo o mundo. A continuación, esconderon pola aula as diferentes gotas que formaban o paraugas da participación, o alumnado tiña que atopalas e ir descibrindo o seu significado. Para rematar, pedíronlles que fixeran un pequeno debuxo por grupos no que representasen este proceso aprendido. Os debuxos que están debaixo do paraugas son os que entenderon por completo a esencia do proceso, os que están aos lados, son mostras nas que o proceso de participación non foi completo.









5 OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DAS E DOS DOCENTES