Por segundo ano consecutivo contamos no noso centro coa visita de Lancy Dodem, primeiro neno apadrinado pola Fundación Vicente Ferrer, acompañado pola fotógrafa coruñesa Yolanda Ferrer. A través de dúas charlas impartidas para o alumnado da ESO e para o de 2º e 3º ciclo de primaria, poidemos coñecer un pouco máis a fondo a importante labor que a Fundación Vicente Ferrer está levando a cabo en Anantapur (A India). Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto "School to School", un intercambio cultural e de tradicións entre a nosa escola e unha escola da India, a través da FVF. Os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela formularon numerosas preguntas a Lancy, mostrando moita curiosidade pola realidade social e cultural na India. Un grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO obsequiaron a Lancy co mellor regalo posible: o seu compromiso para apadriñar a un neno/a na India, a través dun programa de apadrinamento da FVF, e deste xeito contribuír a súa educación e facilitarlle un futuro mellor.
Nota de prensa
Lancy Dodem
Alumnado de 4º da ESO informando a Lancy do proxecto "Apadrina un neno"
Alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria
Lancy Dodem escribe dedicatorias ao alumnado da ESO
Lancy Dodem e Yolanda Ferrer reciben a "Floridaria", pranta solidaria orixinaria de Monfero
Lancy Dodem con Yolanda Castro e Verónica Dopico, coordinadoras de Monferosolidario
















