Desde ou noso centro queremos unirnos á Campaña Mundial pola Educación e ás accións da SAME 2011.
Baixo o lema A EDUCACIÓN NON É UN CONTO: POLOS DEREITOS DAS NENAS E As MULLERES, millóns de persoas en todo o mundo mobilizarémonos para lembrar aos líderes políticos as dificultades que millóns de nenas e mulleres teñen para acceder a unha educación de calidade e para pedirlles que tamén lembren e cumpran o seu compromiso de facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.
En España, a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) desenvolverase do 11 ao 17 de abril. O 12 de abril unha docente e dúas alumnas do noso colexio viaxarán a Madrid para participar no acto central da SAME e así, facer chegar as peticións aos representantes do goberno, e que lembren e cumpran o seu compromiso de destinar os recursos necesarios para facer realidade un dos Obxectivos do Milenio que é a Educación para Todos e Todas en 2015.
Para iso, a actividade central da SAME 2011 consistirá na GRAN HISTORIA, é dicir, na elaboración dun gran libro de contos escritos por alumnos, alumnas, docentes e personalidades destacadas do mundo da interpretación nos que se reflicta como o acceso á educación -ou a falta desta- poden marcar a vida das mulleres e das nenas. Unha Gran Historia, que fale sobre os dereitos das nenas e mulleres e como a oportunidade para ir á escola cambiou o rumbo das súas historias.
Axúdanos a mostrar que a educación de calidade é necesaria para todos e todas.
Como podes facelo:
- Podes enviarnos o teu conto a: a.gomez@entreculturas.org, e quedará colgado aquí na nosa páxina web. Así mesmo, tamén a colgaremos, se non o fixeches ti mesmo, na páxina internacional da CME.
- Podes colgar ti mesmo o relato a través da páxina internacional da Campaña Mundial pola educación http://www.cme-espana.org/ : Como? Só tes que asinar (Sign Up), escribir os teus datos (como persoa particular ou como profesor-organizador) e escribir unha pequena historia que quedará reflectida. Así poderás ler tamén as diferentes historias que se escribiron nos demais países.
Cantos máis relatos teñamos en todo o mundo máis alto e máis claro quedará a mensaxe!















