O mércores 24 de Febreiro visitamos as instalacións da Cociña Económica de Ferrol. Con esta acción damos por finalizada a campaña "Operación Quilo". Dende o pasado mes de decembro, alumnado, profesorado e familias depositaron paquetes de arroz, galletas, pasta, botellas de aceite, cartóns de leite e outros alimentos non perecedeiros nun espazo habilitado nos corredores do edificio de secundaria. Aínda que o obxectivo fundamental non era conseguir caixas e caixas de alimentos, senón concienciar á nosa comunidade educativa da importancia de aportar unha pequena axuda para cambiar o mundo, foron moitos os quilos acumulados... Os transeúntes ollaban con atención e curiosidade aos mozos e mozas de 2º, 3º e 4º da ESO carretando caixas en dirección á Rúa Ruvalcaba, en Ferrol, onde está situada a sede da Cociña Económica. Unha vez depositados os alimentos, o seu director amosounos as instalacións, e ofreceu unha enriquecedora charla, oportándonos unha visión global do funcionamento desta instutución benéfica, e recordándonos a importancia da nosa axuda sobre todo agora, en tempos de crise. Foi gratificante recibir os parabéns, e alentounos a continuar na nosa labor de construír unha mocidade solidaria, crítica e responsable.
A min visitar a cociña económica de ferrol foi algo que me gustou moito e gustaríame que mais colexios a visitaran.
ResponderEliminar