sábado, 12 de febrero de 2011

REPARTE AMOR... E RECIBIRÁS MOITO A CAMBIO



Esta é unha iniciativa que parte dun grupo de alumnas de 3º da E.S.O. do C.P.I. Virxe da Cela para celebrar o día de San Valentín. O E.D.L.G., en estreita colaboración co proxecto Monferosolidario, quixemos dar outra dimensión a esta data, ampliando as fronteiras para construír un concepto máis universal do amor. Co lema "Regala amor... e recibirás moito a cambio" trataremos de transmitir a toda a nosa comunidade educativa a importancia do amor máis puro, desinteresado, altruísta... dirixido non soamente ás nosas parellas, senón aos amigos e amigas, compañeiros e compañeiras, familias, prantas, animais e outros seres vivos que conviven no noso planeta.



Esta iniciativa está formada por diferentes actividades: concurso de declaracións de amor, venta de flores, corazóns e outros pequenos obxectos elaborados polo propio alumnado, visita ás aulas promocionando o lema "Regala amor... e recibiriás moito a cambio" a través do reparto de pegatinas e carteis que ilustren o mesmo, etc.



Durante o recreo do luns 14 de Febreiro realizouse un pequeno mercadillo na entrado do edificio de secundaria. Alumnado e profesorado mercaron unha grande variedade de obxectos elaborados polas propias alumnas de 3º da E.S.O.: piruletas con lema, fundas para telefonos móbiles tecidas en lá de cor vermella, flores de papel realizadas con papiroflexia, pulseras do amor construídas coa lengüeta de apertura das latas de refrescos, sobres e postais para escribir mensaxes de amor, etc...


Xa en horario de tarde, este grupiño de alumnas fixeron unha campaña sensibilizando ao alumnado da E.S.O. Visitaron as aulas e ofreceron un interesante discurso, animando á xente a ser máis xenerosos cos demais, ofrecendo o noso amor e atención tanto ás nosas parellas, familias, amigos, seres vivos... ao planeta en xeral. Cada alumno/a recibiu unha bonita pegatina para ter sempre presente que recibiremos moito máis a cambio... se regalamos amor.




Alumnas de 3º da E.S.O., responsables desta iniciativa






Vista parcial do mercadillo de obxectos






Alumnado e profesorado participou activamente mercando obxectos






Campaña "Regala Amor" na aula de 2º E.S.O.





Campaña "Regala Amor" na clase de 4º E.S.O.







AVATARES: DECLARACIÓNS DE AMOR


















1 comentario:

  1. Que ben o pasades no voso centro, así da gusto. Gustoume moito a dimensión que destes do amor no día de San Valentín, xa que este converteuse fai tempo nun día de consumo (xa sabedes "regala amor no día de San Valentín" e comprao no Corte Inglés"). Por iso gustame moito a vosa idea. Noraboa e a seguir así con tantas actividades.

    ResponderEliminar