lunes, 28 de febrero de 2011

DE MONFERO A ANANTAPUR: UNHA VIAXE VIRTUAL A TRAVÉS DO PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL

Dende o curso académico 2008-2009 estase a desenvolver unha iniciativa de educación en valores no C.P.I. Virxe da Cela (Monfero). Se ben na súa orixe o proxecto Monferosolidario naceu da colaboración entre as materias de Relixión e Educación para a Cidadanía impartidas na E.S.O., na actualidade constitúe todo un auténtico proxecto de centro, no que participan todas as etapas educativas (Educación Infantil, Educación Primaria, E.S.O.) e diversos departamentos de secundaria, así como a Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. En setembro de 2009 o proxecto Monferosolidario foi galardoado na I edición do Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer”. No acto de entrega do premio, que tivo lugar na sede da AECID en Madrid, mantivemos unha enriquecedora conversa con Moncho Ferrer, fillo de Vicente Ferrer e continuador da súa labor humanitaria na India. Grazas a Moncho Ferrer soubemos da existencia do proxecto School to School, e inmediatamente decidimos embarcarnos nunha fascinante aventura que uniría dos puntos do planeta moi distantes: Monfero e Anantapur.

No hay comentarios:

Publicar un comentario